|
Xosé Manuel Budiño celebra o Día do Folk en Ourense xunto a Kepa Junkera e aos Guezos
22/06/09
As festas do Corpus en Ourense adícanlle un día á música folk e, en tamaño evento, non podería faltar un dos abandeirados deste movemento no noso país, Xosé Manuel Budiño. Despois de confirmar a súa presenza no festival de Ortigueira (11 de xullo), o de Moaña desprázase até a capital das Burgas para actuar na compaña de dous artistas senlleiros neste panorama: o euskaldún Kepa Junkera, amigo e colaborador en infinitude de proxectos, e os ourenáns Guezos.
O concerto será este mércores 24 de xuño e comezará ás 21.00 horas no campus universitario de Ourense. A entrada é de balde.

|
|
|
Silvia Penide rodéase de colaboracións para pechar o seu Desafinante Crónica n'A Coruña
15/06/09
Posiblemente, a artista de máis longo percorrido da música galega durante os últimos anos… Silvia Penide culmina esta semana o traballo de Desafinante Crónica, terceiro disco da súa carreira e co que se gañou unha máis que merecida fama, por traballada. Dous concertos na localidade xermana de Regensburg (o martes 16 no Museo de Historia, e o xoves 18, na Galería de Arte Dr. Erdel Verlag) darán paso a unha das máis orixinais despedidas.
Será o sábado 20 a partires das 19.30 horas na Fnac d’A Coruña, onde precisamente adiantou o que sería seu novo disco. Pero, esta vez, acompañada de Félix Arias (Guru Deva), Manu Rodríguez (Stereotipos), Manu Clavijo (Chotokoeu) e Serxio Moreira (pianista que acompaña a Silvia nos directos), artistas locais cos que interpretará e compartirá algúns dos seus temas máis coñecidos. A entrada, de balde.

|
|
|
Os artistas de Falcatruada invaden Alemaña
08/06/09
A internacionalización da música galega é un feito. Amáis da súa presenza en certames internacionais baixo o paraguas do Galician Tunes, os artistas tamén saben exportar a súa arte. E así, durante esta mesma semana e a vindeira, tanto Xosé Manuel Budiño [06/06 en Frankfurt, con motivo das festas do Centro Galego, 07/06 no Instituto Cervantes de Frankfurt, e 08/06, no Instituto Cervantes de Hamburgo] coma Silvia Penide [16-17 e 18/06 en Regensburg] actuarán ao vivo por Alemaña, unha cita ineludíbel para demostrar a calidade que atesouran estes músicos.
Porén, non é a única data dos nosos artistas a nivel internacional: The Homens xa pararon por Alemaña o pasado verán, Silvia Penide vén de xitrar por Portugal, Italia, Eslovenia… Xosé Manuel Budiño leva a súa música por todo o mundo, e tanto Sevigny, que colocou un tema se una banda sonora dunha serie estadounidense, coma Som do Galpóm, que tamén estarán ao vivo no país xermano durante o verán, xa sonan con forza no veciño Portugal.

|
|
|
Silvia Penide regresa á capital de Eslovenia, onde é un clásico da programación, e a Firenze
26/05/09
Eslovenia e Italia a pasada semana, e máis do mesmo para esta. En plena xira de concertos internacional, Silvia Penide acode a dúas das máis belas cidades da zona: o mércores 27 visita o Klub Gromka de Ljubljiana (Eslovenia), repetindo así nun dos lugares onde a escoitan con máis devoción e onde vén camiño de converterse nunha fixa da súa programación. O venres 29, a artista coruñesa ofrecerá un recital na Librería La Cité de Firenze (Italia), local que se caracteriza por acoller concertos de pequeno formato nun ambiente moi recollido.
A vindeira cita de Silvia Penide en vivo será en Alemaña, unha mini xira de tres concertos por galerías e salas do país.

|
|
|
O festival Ollin Kan retoma o programa logo da alerta sanitaria: XM Budiño volta a México
19/05/09
O Festival Internacional Ollin Kan 2009, que tivera que interromper as súas actividades por mor da alerta sanitaria, reanudará parte da súa programación nas vindeiras semanas, do 25 de maio ao 7 de xuño. E o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, felizmente, poderá repetir concerto nun dos máis espectaculares escenarios do mundo (o ano pasado fixérao na praza do Zócalo de México DF, na foto).
Así, dende o 25 de maio ao 7 de xuño, o Ollin Kan ofrecerá unha mostra das minorías étnicas que hoxendía conviven en Londres e as expresións contemporáneas de xéneros klezmer, electrónico e xitano, así como de diversas tendenzas latinas. Do 3 ao 7 de xuño realizarase unha serie de fusión que irá dende a música africana, o jazz, o “son Jarocho” ás músicas de diferentes recunchos do mundo, dende Xosé Manuel Budiño a Cheick Tidiane Seck, Kleztory, Muntu Valdo, ou Ali Keyta, entre outros.

|
|
|
Som do Galpóm leva a súa música a Madrid... despois de inaugurar as Festas da Ascensión
19/05/09
As festas da Ascensión de Santiago de Compostela comezan por todo o alto este xoves, 21 de maio, co concerto que ofrecerán as dúas bandas galegas de máis repercusión dos últimos anos no seu eido: Som do Galpóm e Lamatumbá. Os d’A Moniña e os ourensáns xuntarán os seus particulares estilos na sala Nasa ás 21.30 horas. Os billetes, a 12 € en taquilla e 10 € por adiantado.
Pero para os Som do Galpóm, a cita do xoves será só a antesala dunha fin de semana chea de intensidade: o venres recollen os seus instrumentos e viaxan até Madrid, onde ofrecerán senllos concertos en salas de recoñecido nivel: o propio 22 de maio na Sala Costello (21.30 horas, 6 €) e, ao día seguinte, sábado 23, na Contraclub (22.30 horas, 6 € máis consumición).

|
|
|
Silvia Penide enche a mala de música para irse de concerto a Italia, Eslovenia e Alemaña
11/05/09
Murcia e Marchena (Sevilla) son as dúas últimas paradas de Silvia Penide antes de iniciar unha xira de concertos que a levará por Italia, Eslovenia e Alemaña A artista coruñesa está sendo recibida cos brazos abertos por todos os lugares nos que está tocando: dende Portugal, onde ofreceu unha mini xira de cinco concertos, até Madrid, Segovia, Palma de Mallorca… Agora quere compartir a súa música en lugares onde, maiormente a través da Rede, está colleitando unha boa cantidade de seguidores.
Por outra banda, a exposición itinerante de Caixa Galicia, que conta coa canción canción Amo como banda sonora, pódese ver até o 17 de maio na céntrica Rúa do Paseo, en Ourense.

|
|
|
Cancélase toda a actividade do Festival Ollin Kan debido á emerxencia sanitaria en México
28/04/09
[Segundo se informa na páxina web do festival Ollin Kan, todas as actividades fican aprazadas debido á emerxencia sanitaria que vive o país mexicano por mor da prevención da expansión da gripe porcina.]
O Ollin Kan, que se celebraba en México D.F. até o vindeiro 10 de maio, reúne os artistas de maior fama internacional. Entre eles atópase Xosé Manuel Budiño, que vai camiño de se converter nun dos clásicos da programación. Non en van, unha das cancións do seu último disco, Home, titúlase precisamente así.
As datas nas que íamos poder ver o gaiteiro de Moaña en México D.F. eran as seguintes: xoves 7 de maio, no Conciertódromo, venres 8, no Parque ecolóxico Loreto y Peña Pobre, e sábado 9, de volta no Conciertódromo.

|
|
|
Xosé Manuel Budiño volta aos escenarios na antesala dos seus tres concertos en México D.F.
20/04/09
O gaiteiro Xosé Manuel Budiño volta á música ao vivo esta semana, antesala da súa participación no festival Ollin Kan (México DF) no mes de maio. Farao en dúas galas en Vigo e Cangas do Morrazo respectivamente.
Serán o mércores 22 no Teatro Caixanova de Vigo, na festa do 75 aniversario de Radio Vigo, e o domingo 26 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo, onde participará xunto a Mercedes Peón, entre outros artistas, nunha gala benéfica a prol da asociación AFAMO na súa loita contra o alzhéimer.

|
|
|
Novas datas para ver a Lizgairo ao vivo
14/04/09
Lizgairo, que veñen de ser recoñecidos co Premio Opinión de Música Folk ao mellor álbum de 2008 por Diacronías (falcatruada), prepara os seus vindeiros tres concertos en terras galegas. Os Romaní, Liz e Pintos estarán acompañados por Isaac Palacín á percusión, Begoña Riobó ao violín e á zanfona, e pola voz de Francisco Feijóo, 'Chisco' (súa é precisamente a voz en Diacronías).
Auditorio Caixanova - Vigo - 28 de febreiro
Centro Social Caixanova - Pontevedra - 3 de abril
Auditorio - Vilagarcía de Arousa - 19 de abril

|
|
|
Dous concertos na axenda desta semana: Lizgairo (Pontevedra) + The Homens (Bueu)
30/03/09
Os grupos de Falcatruada non lle dan tregua á axenda de concertos e, para esta semana, temos dúas citas a tan só 20 quilómetros de distancia.
A primeira, o venres 3, no Centro Social Caixanova de Pontevedra: Lizgairo e os seus acompañantes (Isaac Palacín, Chisco Feijóo e Begoña Riobóo). O domingo 5, cambio de rexistro con The Homens, que actuarán ao vivo no pub Aturuxo de Bueu. Consulta todas as datas no myspace de Falcatruada.

|
|
|
O trío máis gamberro da música galega, ao vivo na Casa das Crechas e na Festa do Queixo
10/03/09
Música popular, tradicional, a de sempre, ataviada cunha vestimenta elegante e sobria. Porén, nada máis lonxe do seu propósito: xogar cos prexuízos, rachar cos tópicos e, por riba de todo, pasalo ben.
Esta semana estarán o martes 10 en Santiago de Compostela (Casa das Crechas, 22.30 horas, 4€) e, o domingo 15, na edición 34 da Festa do Queixo de Arzúa, no campo da feira dende as 20.30 horas.

|
|
|
Agenda de conciertos para los próximos días
03/03/09
Viernes 6 _
Silvia Penide. Pazo da Cultura. Carballo.
The Homens (+ Samesugas) Sant Feliu de Guíxols.
Sábado 7 _
The Homens (+ Samesugas) Sala La-2. Barcelona.
Martes 10 _
Vaamonde, Lamas & Romero. Casa das Crechas. Santiago de Compostela.
_ |
|
|
Em Terra de Ninguém, á venda o 17 de marzo
25/02/09
Xa hai data de lanzamento para EM TERRA DE NINGUÉM, o álbum debut de Som do Galpóm. Será o martes 17 de marzo cando o traballo dos Gael, Brais, Xurxo, Aitor e Jano vexa a luz, logo de estar gravando a eito nos estudos Casa de Tolos, de Segundo Grandío.
Os gañadores do último Nsaio no Camiño preparan ademais unha xira con Deica management que os levará por diferentes lugares da península amosando a música que son quen de crear dende A Moniña. Pasa polo myspace para escoitar un adianto.

|
|
|
Som do Galpóm ultima os derradeiros arranxos do seu primeiro álbum no estudo Casa de Tolos
27/01/09
Só fallan por engadir un par de detalles no estudo de gravación Casa de Tolos, de Segundo Grandío, para coñecer como quedará o primeiro disco dos Som do Galpóm. Serán 13 temas nos que os d’A Moniña alternan os seus estilos favoritos: o funki, o rap e o reggae. Pero haberá máis, xa que os irmáns De Esteban, Aitor, Jano e Xurxo anuncian un disco cheo de sorpresas e de enerxía positiva. Pero para iso aínda haberá que esperar até o mes de marzo, data do seu lanzamento.
Iso si, a partires dese momento teremos a oportunidade de velos ao vivo en diferentes lugares da nosa xeografía. Se queres un adianto, le o que nos contaron na súa vivita a Falcatruada.

|
|
|
The Homens participan na manifestación musical de Galiza Non se Vende este domingo
10/02/09
A segunda cita ao vivo dos artistas de Falcatruada esta fin de semana chegará, o domingo, da man de The Homens. A formación compostelá xoga, desta vez, na casa, i enrolada no concerto organizado pola plataforma Galiza Non se Vende na sala Nasa de Santiago de Compostela.
Xunto aos The Homens estarán tamén, entre outros, Os da Ría, Quempallou ou Dakídarria.

|
|
|
Ao vivo por Galiza e Catalunya: non perdas ningunha data da nova xira dos The Homens
27/01/09
A axenda da música ao vivo ten cada vez máis datas marcadas en vermello, e os composteláns The Homens teñen boa parte de culpa: emprenden unha nova xira de concertos que os levará a tocar en diferentes salas de Galiza e Catalunya nos vindeiros meses. Ben dentro da Rede Galega de Música ao Vivo coma dentro do convenio asinado coas salas catalás, The Homens espallarán o seu particular estilo de pop ácedo e bailábel dende o vindeiro 6 de febreiro, cando tocan na sala 600 de Melide, até Lleida ou Barcelona… Consulta todas as datas da súa inminente xira na súa páxina web.

|
|
|
Sevigny presenta as súas novas cancións ao vivo: o mércores 14, en La Casa de Arriba (Vigo)
12/01/09
A unhas poucas semanas de que Sevigny saque á luz o que será o seu novo traballo discográfico (en formato EP, e abranguendo todas as influenzas sonoras que emerxen do seu destilado Melalcoholic), chega a hora de amosarlle ao público a que sonan as novas cancións que nacen do maxín de Lucía Rolle (voz e guitarra) e de Xulio Vázquez (batería e percusións).
Despois de tocar na sala Babel de Lugo, este mércores 14 repiten enLa Casa de Arriba de Vigo (22.30 horas, entrada máis consumición, 5 €), antesala do que será a xira de presentación do novo álbum. Ou álbumes...

|
|
|
Os lectores do Xornal de Galicia elixen TRES, dos The Homens, mellor disco galego do ano 08
12/01/09
O Xornal de Galicia quixo facer balanzo da colleita musical do ano 2008, e para iso organizou un ránking das mellores publicacións musicais entre os seus lectores. Na categoría de mellor disco galego do ano, os vencedores foron os composteláns The Homens con TRES (falcatruada 07). Bótalle unha ollada ao resto das categorías premendo no seguinte botón.

|
|
|
‘HOME’ chega co novo ano á Gran Bretaña, onde é considerado coma un 'top ten' mundial
18/12/08
O público inglés poderá comprar, a partir do 26 de xaneiro, o último traballo do gaiteiro Xosé Manuel Budiño no seu formato orixinal. A distribución física –a dixital xa opera dende a súa saída ao mercado- é posible grazas a un acordo acadado por Falcatruada cunha empresa local, que se encargará de colocar o mellor disco galego de folk do ano pasado, segundo os VII Premios Opinión, nas tendas da Gran Bretaña.
E para que os melómanos ingleses vaian facendo apetito, a prestixiosa revista británica de world music SONGLINES magazine destacou o álbum Home (falcatruada) entre os dez máis destacados do mundo na súa categoría. “Sempre hai toques de xenialidade en calquera disco de Budiño, pero Home está cheo deles”. afirma o crítico musical Jan Farley.

|
|
|
A música de 2uS, alternativa para entrar con bo pé no 2009, a través dun obradoiro de arte
12/12/08
A música de 2uS será protagonista nun obradoiro interactivo que terá lugar do 3 ao 6 de xaneiro de 2009, unha alternativa para recibir con bo pé o novo ano. A iniciativa, que parte da asociación Vo-arte, pretende realizar unha convivencia entre xente que intercambie creatividade nun contorno natural i, entre os diferentes invitados, estarán Pablo Carrera e Fernando Abreu, os integrantes de 2uS.

|
|
|
Desexámosvos un ano 2009 cheo de música
31/12/08
Marcha o 2008 e Falcatruada quere botar a vista atrás. I é que este foi un ano cheo de actividades musicais... Dende o lanzamento de Diacronías, de Lizgairo, Só Son Sons, de 2uS e Vellas Artes, de Vaamonde, Lamas e Romero até a presentación en sociedade de Calamar, o vídeoclip de The Homens, ou a xira de Loretta Martin, o rexurdimento de Sevigny ou a confirmación definitiva, con case un cento de concertos, de Silvia Penide... Pero tamén a elección de Home, de Xosé Manuel Budiño, como mellor disco del folk do ano anterior nos VII Premios Opinión, ou a unión de Narf con Manecas Costa nun novo conceito de Tótem... Agardamos que 2009 veña, cando menos, igual de animado en canto á música galega se refere.
Desde Falcatruada queremos, logo, enviarvos a enerxía máis intensa e os nosos mellores desexos para este ano que comeza.

|
|
|
Coa música de Tótem a percorrer o mundo
18/12/08
Fran Pérez Narf e Os Quinindiolas, unha das bandas nas que ten militado este polifacético artista, collen as maletas e dispónense a viaxar polo mundo nun periplo que os levará por India, o Tíbet e diferentes lugares do Oriente. Amáis do teatro, unha das súas grandes paixóns, Narf levará por estas rexións a música do seu último proxecto discográfico, Tótem (falcatruada).

|
|
|
Lucía Rolle e Xulio Vázquez pechan no Dublín unha mini-xira acústica polas salas galegas
12/12/08
Sevigny, ou o que é o mesmo, Lucía Rolle máis Xulio Vázquez, ateigaron este mércores o pub Dublín d'A Coruña para o peche dunha minixira acústica por toda Galicia. A súa nova proposta musical, que bebe das influenzas do soul, do jazz, da electrónica... tivo unha excelente aceptación, e agora toca reflectir esas novas sonoridades no estudo de gravación.
I é que para o mes de marzo xa poderemos escoitar os novos temas do que será o seu vindeiro traballo discográfico, o segundo tras o exitoso Melalcoholic.

|
|
|
Vaamonde, Lamas e Romero, presentan Vellas Artes dentro da programación do CULTUR.Gal
02/12/08
Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, tres dos mellores músicos do panorama tradicional galego, presentarán o seu disco Vellas Artes no marco do Cultur.Gal, a Feira Galega das Industrias Culturais (do 4 ao 7 de decembro no Palexco d’A Coruña, entrada de balde). Será o xoves 4 a partires das 19.00 horas no escenario da feira, unha oportunidade única de disfrutar dun disco abandeirado da nova onda do folk galego. O trío tamén será protagonista no programa O tren do Serán da Radio Galega, así como das actuacións ao vivo para profesionais reunidos no Cultur.Gal.
Outro dos grupos que participarán neste tipo de reunión é The Homens, que amosará o porqué da súa fama ao vivo, agora xa en formato cuarteto. Os composteláns tamén forman parte da programación de Music.Gal [sábado 6, 21.30 horas], un espectáculo multidisciplinar aberto ao público presentado por Belén Regueira e no que intervirán, entre outros, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Pancho Lapeña (Pánchez), Chévere, Dios ke te Crew, O Sonoro Maxín, Marful…

|
|
|
Falcatruada, na feira das Industrias Culturais de Galicia: do 4 ao 7 de decembro en A Coruña
25/11/08
Falcatruada estará no Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais, do xoves 4 ao domingo 7 de decembro no Palacio de Exposicións e Congresos d’A Coruña (Palexco). Unha cita para que os cidadáns podan coñecer as empresas e entidades que crean, distribúen, promocionan e ofrecen produtos e servizos relacionados coa cultura no país.
Dentro das actividades do Cultur.gal, poderemos asistir á presentación de Vellas Artes (falcatruada 08), o proxecto de Vaamonde, Lamas e Romero [xoves 4, ás 19.00 horas], aínda que outros grupos de Falcatruada, coma The Homens ou Lizgairo, tamén estarán presentes no Cultur.gal no apartado para profisionais. A entrada na feira é de balde, e se queres atoparnos, estaremos no stand 64.

|
|
|
Sevignyconvértese na nosa 'voz feminina'
21/11/08
SEVIGNY foi a elixida para representarnos na I Edición de Voces Femeninas, un concerto que reúne este sábado 22 no teatro García Barbón de Vigo, algunhas das mellores intérpretes e compositoras de todo o mundo. É o caso das Emmy the Great, a última sensación da escena británica; Nina Kinert, unha artista sueca que xa musicou anuncios dunha grande firma automobiIística do seu país; ou Wendy McNeill, multiinstrumentista e compositora canadiana de inmenso talento.
A todas elas unirase Sevigny, que está sendo unha das sensacións da nova tempada da música ao vivo en Galicia. Lucía Rolle (guitarra e voz), Xulio Vázquez (batería e percusións) e Ric Morente (violín) xa traballan ademais nalgúns dos que serán os seus novos temas, como Sugar. Se queres saber como sonou ao vivo no Mari Castaña d’A Coruña, preme no vídeo.

|
|
|
Gravarase un dobre Cd e Dvd ao vivo dende o Teatro Rosalía de Castro d'A Coruña este Nadal
1o/11/08
Despois de dez anos de carreira, Silvia Penide quere pechar un ciclo. E que mellor lugar para facelo ca na casa, e polo Nadal. Concretamente, o mércores 17 de decembro, a partires das nove da noite no Teatro Rosalía de Castro d'A Coruña. Un concerto especial rodeada de toda a súa banda e que será gravado ao vivo en formato Cd e Dvd para celebrar unha década de carreira musical. As entradas costarán 6, 9 e 12 euros, pero haberá sorpresas polo camiño.
Namentres esa data chegue, a coruñesa ofrecerá concertos en pequeno formato por diferentes lugares, comezando o mércores 12 de novembro no Rincón del Arte Nuevo de Madrid, e continuando por Guadalajara (Casa da Cultura de Alovera), Ferrol, Lugo, Vila Real (Portugal), etc.

|
|
|
Os artistas galegos Xosé Manuel Budiño e Narf, entre os preferidos do público do WOMEX
04/11/08
Asistían por vez primeira para tocar ao vivo no WOMEX, un certame internacional que converteu Sevilla na capital mundial do World Music por uns días, e perante tan cualificado público non só deixaron bo sabor de boca, senón que foron dos músicos máis aplaudidos.
A banda de Xosé Manuel Budiño ofreceu un espectáculo visual, cómplice coa diversidade cultural, que entusiasmou os asistentes, a práctica maioría dos acreditados en WOMEX. Por outra banda, a intimidade e a conexión da parella formada por Narf e por Manecas Costa sorprendeu, sen dúbida, a propios e alleos, e conseguíu arrincar os aplausos máis sinceiros da velada no Teatro Lope de Vega.

|
|
|
Silvia Penide regresa en pequeno formato antes de dar por pechado 'Desafinante Crónica'
27/10/08
Despois de completar unha xira de máis de medio cento de concertos, Silvia Penide volta en pequeño formato. I é que, como antesala do que será o carpetazo ao seu Desafinante Crónica (falcatruada 07), a arteixá quere sentarse perante o seu público nunha serie de citas íntimas repartidas pola xeografía ibérica e galega namentres agarda polo seu vindeiro proxecto discográfico, na primavera de 2009…
Os concertos durante o mes de novembro serán:
Mércores 12 - Rincón del Arte Nuevo - Madrid
Sábado 15 - Sala La Reserva - Carballo
Xoves 20 – Clavicembalo - Lugo
Venres 21 – Espontánea - Vila Real, Portugal
Luns 24 - Rincón del Arte Nuevo - Madrid
Martes 25 -Casa Cultura de ALOVERA- Guadalajara
Viernes 28 - Café Cultural Auriense - Ourense
Sábado 29 – Contrabajo - Vigo

|
|
|
Sevigny, ao vivo en La Reserva de Carballo
27/10/08
Sevigny segue a presentar as cancións do seu novo repertorio. Se o pasado venres congregaban un cento de espectadores no Manchita Cosa de Ferrol, Lucía Rolle e Xulio Vázquez trasladan a súa música esta semana até Carballo. O concerto será o sábado 1 de novembro na sala La Reserva dende as 23.00 horas.
A entrada custará seis euros.

|
|
|
Datas dos concertos de presentación dos novos temas de Sevigny: o primeiro, o 24 en Ferrol
14/10/08
Hai nova formación. Hai novos temas. Hai novos referentes sonoros. Pero Sevigny segue a ser o que foi até o de agora: unha voz refrescante e diferente no panorama independente galego. E se queres comprobalo non tes máis que achegarte a un dos concertos que ofrecerán nos próximos meses por diferentes lugares de Galicia, citas en formato acústico nas que Lucía Rolle (voz e guitarra) e Xulio Vázquez (batería) queren amosar os temas que, presumiblemente, formarán parte do novo traballo discográfico de Sevigny en 2009. A banda actuará ao vivo en:
O Grove -14 outubro – Clube Náutico
Ferrol - 24 outubro – Manchita Cosa (22.30h)
Carballo - 1 novembro - La Reserva
A Coruña - 6 novembro - María Castaña
S. Compostela – 13 novembro – Arteria Noroeste
Vigo – 21 novembro – Teatro García Barbón
S. de Compostela – 3 decembro – Ultramarinos
León – 14 decembro – Molly Malone’s

|
|
|
Sevigny sae de xira por toda Galicia para presentar as súas novidades musicais ao vivo
09/10/08
Sevigny dá por superado Melalcoholic (falcatruada 06) case a piques de soprar as dúas velas do seu debut discográfico. E quere dar a coñecer os seus novos temas en formato acústico i en salas de aforo reducido co fin de poderse coñecer todos mellor.
A Lucía Rolle (voz e guitarra), que leva sendo a alma do grupo dende o seu nacemento, úneselle agora Xulio Vázquez (batería e percusión), quen viña colaborando decote nos concertos da banda durante o último ano. A maiores, uniráselles tamén un violín durante os concertos de presentación: media ducia deles xa están confirmados en Galicia para os vindeiros tres meses.
O primeiro deles, o vindeiro venres 24 de outubro no Manchita Cosa de Ferrol. Seguiranlles os d'A Coruña (6 de novembro), Santiago (13 de novembro), Vigo (21 de novembro), etc.

|
|
|
Narf recolle o relevo sonoro do San Froilán
14/10/08
Acabou o San Froilán, pero Lugo non queda sen música: o encargado de coller o relevo dos concertos da capital do polbo vai ser Fran Pérez, cabeza visíbel de Narf. E non estará só, xa que leva canda el a todo un virtuoso da guitarra como é Manecas Costa, con quen interpreta o espectáculo Aló Irmao. Galego e guineano estarán o sábado 18 no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo actuando para os asistentes ás XVI Xornadas Mar por Medio entre Galiza e Portugal.
Ao día seguinte, domingo 19, Narf e Manecas acudirán co seu canto de imandade a Lugo, onde actuarán na praza de Santa María dende as 21.00 horas.

|
|
|
Concerto de Silvia Penide no Vai de Camiño
15/09/08
O pasado mércores tocaba en Santiago perante case un cento de admiradores que non querían perder oportunidade de participar no seu vindeiro vídeoclip. Esta semana, a coruñesa Silvia Penide segue o trascorrer do Sar e para en Padrón dentro do programa Vai de Camiño, unha iniciativa que está enchendo de música todos eses lugares polos que pasa o Camiño de Santiago.
Silvia Penide, que estará acompañada pola súa banda, actuará xunto a Emilio Rúa. O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Padrón o venres 19.

|
|
|
Falcatruada colle folgos para seguir sendo a discográfica de referenza da música galega
11/06/08
Falcatruada mudou de imaxe, pero segue a apostar pola música galega con máis forza que nunca. E, coma o noso logotipo, Falcatruada tamén madurou a súa oferta de servizos e o seu catálogo de artistas. I é que, a pesar da nosa curta traxectoria, xa podemos presumir de posuír un dos mellores catálogos discográficos con nomes coma Xosé Manuel Budiño, Nordestin@s, Narf, Silvia Penide, Lizgairo, Loretta Martin, Xosé Lois Romero, 2uS, The Homens…
Neste 2008, Falcatruada colleu folgos para poder seguir sendo a discográfica galega de referenza. 2uS e Lizgairo foron os máis recentes proxectos editados, mais non serán os últimos. Seguiremos apoiando iniciativas de base, editando proxectos coma o Manifesto Dobarrista ou 120 Capadores, recompilatorios onde se dan cita ducias de bandas emerxentes da nosa terra. Así mesmo, dinamizamos a presenza de grupos galegos en escenarios de dentro e fóra de Galiza, co apoio de Deica Management. Avanzamos tamén na promoción da música alén das nosas fronteiras e, sobre todo, creamos unha presenza sólida nos puntos de venda grazas á Lonxa Cultural, especialmente nas novas canles internacionais de distribución de contidos musicais.
|
|
 |
Calamar, mellor vídeoclip no Festival de Cans
27 /05/08
O vídeoclip Calamar, dos The Homens, realizado por Roi Fernández e Isaac Cordal, recibíu o premio do Festival de Cans ao mellor vídeoclip musical, un galardón dotado co Can de Pedra e máis 300 euros. Os membros do xurado, composto por persoeiros coma Jesús Ordovás (presentador durante 25 anos do Diario Pop en Radio 3, entre outras moitas cousas…), Miguel Costas (fundador de Aerolíneas Federales, figura senlleira de Siniestro Total…) e o director de cine Jairo Iglesias (Padre Casares…), destacaron a orixinalidade da proposta criativa e a calidade do tema musical que acompañaba ao vídeo.
Na sección oficial do Festival tamén participou Reventaba, de Silvia Penide, xunto a outros 12 vídeoclips de bandas galegas. Se queres ver o Calamar, preme abaixo.

|
|
|
A música galega sonará na Feira do Libro Infantil de Copenhague grazas a X.M. Budiño
05/09/08
É un dos artistas galegos máis universais, e non fai máis que amosalo. Preparando o que será a súa actuación na feira de música WOMEX, Xosé Manuel Budiño viaxa o mércores 10 até Copenhague (Dinamarca) para participar na Feira do Libro Infantil, un evento con representación galega que reúne ao mellorciño do mercado editorial para nenos e no que figuran persoeiros da talla da Jostein Gaarder, autor de, entre outros, O Mundo de Sofía.
O gaiteiro de Moaña tocará n’O Porriño, de volta na Galiza. Será o día 25 de setembro.

|
|
|
Nordestin@s, ao vivo no Teatro Jofre de Ferrol
05/09/08
Unha posta en escena novidosa, elegante e sempre acolledora. É o que nos propoñen as Nordestin@s o sábado 6 de setembro no Teatro Jofre de Ferrol (dende as 21.00 horas, entrada libre). Unha actuación enmarcada dentro do espectáculo musical “Acústico Feminino” que quiere conmemorar o Día da Muller Traballadora.
Xunto ás Nordestin@s actuarán os grupos Batuko Tabanka e Leilía, misturando músicas caboverdianas e tradicionais galegas A gala estará introducida pola poderosa palabra da poetisa Lucía Aldao, que fai de fío condutor do espectáculo.

|
|
|
O Festival de Folk máis antigo de Estremadura vibra ao son da gaita de Xosé Manuel Budiño
26/08/08
O Festival Internacional de Folk de Plasencia, consolidado coma o referente musical e cultural con máis proxección de Estremadura, acollerá un concerto do músico galego Xosé Manuel Budiño. O gaiteiro de Moaña, que presenta o seu álbum Home (falcatruada 07) en sociedade polo sur da península, tocará na Torre Lucía da localidade pacense dende as 00:30 horas.
Despois do Festival de Plasencia [máis info, abaixo], Xosé Manuel Budiño preparará a súa xira internacional, cunha primeira parada na feira internacional de música Womex, e seguindo por Inglaterra e África.

|
|
|
Narf, embaixador da Galiza en Maputo
11/08/08
“A música de Narf non coñece fronteiras”. Tan certo como que, durante estas dúas primeiras semanas de agosto, Fran Pérez promove (e participa) en Maputo Ahoje é ahoje!, un intercambio artístico e de cooperación solidaria entre Galiza, Portugal e Mozambique que, baixo o lema de “Identidades Partilhadas” trata de achegar e difundir a realidade mozambicana a través da cultura da lusofonía.
O programa inclúe entre as súas actividades teatro, literatura, conferencias divulgativas e, como non, música. Así, se durante estas pasadas xornadas o artista galego participou coa compañía portuguesa de teatro Trigo Limpo en diferentes escenarios da capital mozambicana, este mércores 13 levará ao Teatro Avenida o espectáculo Alô Irmão xunto ao seu colega Manecas Costa.
De volta na Galiza, Narf actuará no parque de Castrelos de Vigo na compaña de Siniestro Total. Será o sábado 16 a partires das 22.30 horas. .

|
|
 |
Silvia Penide e Loretta Martin, nominados até en cinco categorías dos I Premios Inframundo
11/07/08
Celébrase a primeira edición dos Premios Inframundo da Música, unha iniciativa cultural independente que quere apoiar e promocionar a arte coruñesa. E hai dous grupos do selo Falcatruada que compiten até en cinco categorías diferentes. Trátase da coruñesa Silvia Penide, nominada a mellor vídeoclip por Reventaba, a mellor solista, e mellor álbum e mellor single, dous apartados aos que tamén opta a banda herculina Loretta Martin –que, ademais, compite polo de mellor banda-.
Os candidatos foron elixidos por un xurado composto por seis membros representativos do sector, e o resultado sairá das votacións a través da páxina web de Inframundo. A entrega de premios terá lugar nunha gala, este venres 11 de xullo no Auditorio da Fundación Caixa Galicia en A Coruña.

|
|
 |
As notas do 'HOME' sonarán na praia para iniciar unha xira de directos por toda Galicia
06/07/08
Coa chegada do verán, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño volta á música ao vivo. Durante os vindeiros meses, o de Moaña ofrecerá recitais por toda Galicia e polo norte de Italia, antesala do que serán as súas dúas xiras internacionais, unha por Inglaterra e outra por África, xa no outono. A primeira das datas é a do domingo 6 na praia da Concha Compostela de Vilagarcía de Arousa.
Desde alí voltará a Milán –por onde xa pasara a semana anterior-, e tocará no festival Monlué co gallo da noite de San Lourenzo, e de novo a Galicia acompañando a Deluxe no festival Cultura Quente de Caldas de Reis. Se queres coñecer todas as citas de Xosé Manuel Budiño, visita a súa páxina web .

|
|
 |
O Bar do Lago, en Penafiel, acolle o primeiro dos concertos que Loretta Martin dará no verán
05/07/08
Logo de protagonizaren unha xira de concertos por toda Galicia casi épica, os tres d’A Coruña voltan subir a súa proposta de funk rock enriba dun escenario, desta vez na localidade portuguesa de Penafiel. Lonxe de ficar cansos pola experiencia anterior, Loretta Martin afronta con moita enerxía esta nova etapa musical: unha serie de concertos en diferentes festivais de verán, coma o espectáculo Ao pé da Letra en Sárria, o Festival do Castro de Ferreira de Pantón…
A primeira cita desta nova xira, este sábado 5 no Bar do Lago de Penafiel. Se queres coñecer as impresións de Fran Sanz, baixista da banda, perante estes concertos, preme no botón de máis para descargar unha entrevista en formato .pdf.

|
|
 |
Silvia Penide regresa a Compostela na compaña da súa banda de músicos
26/06/08
Silvia Penide chega este xoves a Santiago de Compostela dentro do ciclo 4x4 da Xunta de Galicia. A de Meicende estivera unha soa vez tocando na capital de Galicia, así que para a súa volta prepara un concerto cheo de sorpresas… e de compaña no escenario. Xunto a Silvia Penide estarán os seus incondicionais: Alejandro Masafret ao baixo, Marcos Yáñez na percusión e Serxio Moreira nos teclados.
A cita é o xoves 26 no Teatro Principal dende as 21.00 horas. A entrada custa 5 €.

|
|
 |
Narf abre a segunda edición do Fax Festival, esta fin de semana no campus de Ourense
27/06/08
Na súa segunda edición, o Fax Festival quere facerse un oco entre as grandes citas coa música en Galicia: o seu cartaz non é para menos. I é que o primeiro día, para rachar co xeo, estarán Amparanoia, Los Coronas, Lamatumbá… e destacando entre todos eles, o polifacético Narf e a súa non menos talentosa banda: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo).
A cita é a fin de semana do venres 27 e sábado 28 no campus de Ourense dende as 20.00 horas.

|
|
 |
A música de 2uS no Auga da Laxe de Gondomar
27/06/08
2uS segue a presentar a súa primeira aventura musical, Só Son Sons (falcatruada 08). Fernando Abreu e Pablo Carrera estarán o venres, 27 de xuño, no Auditorio do IES Auga da Laxe de Gondomar a partires das 21.00 horas. A entrada é gratuíta até completar o aforo.
Os músicos vigueses continuarán facendo soar as notas de Só Son Sons durante todo o verán en pequeno formato, e no mes de agosto viaxarán a Viznar (Granada) para imprimir a súa pegada musical nun curso de danza e de teatro.
|
|
 |
Lizgairo presenta petiscos do seu novo disco, "Diacronías", nun concerto na Fnac d'A Coruña
20/06/08
É unha formación que carrexa preto de corenta discos presentados ás súas costas –sumando os de Milladoiro, Berrogüetto, Matto Congrio, Entre Trastes, etc.-, pero desta vez será a primeira que o faga baixo o nome de Lizgairo. Trátase de Diacronías (falcatruada 08) , a nova aventura musical de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz, e será ao vivo: este venres día 20 na Fnac d’A Coruña dende as 19.30 horas, cita na que ofrecerán varios petiscos da súa música en formato showcase.
Por outra banda, Lizgairo viaxa a semana que vén a Madrid para presentar Diacronías en diversos medios de comunicación. Unha das entrevistas que poderás escoitar será a que concedan no programa Discópolis que conduz José Miguel López en Radio 3: o martes 25 na franxa horaria habitual do programa, de 14.00 a 15.00 horas.

|
|
 |
Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade voltan ás táboas cun concerto en Compostela
20/06/08
O ano pasado arrasaron coa súa mestura de jazz coas mellores voces da música tradicional. Este venres, Abe Rábade, Ugia Pedreira e Guadi Galego, Nordestin@s, estarán de novo xuntos sobre un escenario para deleitarnos co seu habitual repertorio de boas melodías, cancións do mar do norte e grandes doses de bo humor.
A cita é o día 20 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a partir das 22.00 horas. As entradas xa están dispoñíbeis a través do servizo de televenda de Caixa Galicia.

|
|
|
A carrinha dos The Homens viaxa a Alemaña
11 e 13 /06/08
O temporal de auga concedeu unha pequena tregua para a actuación de The Homens en Getxo (Bizkaia), e os composteláns escaparon a tempo para emprender camiño a Alemaña. Alí, Roi, Martin e Xocas tocarán ao vivo dentro do proxecto do Leitorado de Galego no país bávaro: concretamente, o mércores 11, na localidade de Trier, e un par de días despois, o venres 13, na de Tübingen.
The Homens prepararánse seguidamente para tocar ao vivo, a vindeira fin de semana, en Vigo i en Ferrol xunto ás Charades. Consulta todas as datas da banda na súa web .

|
|
 |
Pese ás inundacións que asulagaron Getxo estes días, The Homens tocarán no Pub Anaiak
06/06/08
The Homens viaxan a Getxo (Bizkaia) para poñer unha pouca de orde musical [dance the troita!] no medio das inundacións que asulagaron a cidade biscaíña estes días. O venres, o trío compostelán estará ao vivo no Pub Anaiak do barrio bilbaíño de Romo, en Getxo. Será dende as 20.30 horas, a entrada será de balde... e non será necesario levar snorkle.
Roi, Martin e Xocas viaxarán despois coa súa carriña até Alemaña, onde ofrecerán senllos concertos. Máis info, premendo o botón.

|
|
 |
Loretta Martin remata o Paraíso Tour cunha cita ao vivo na A.C. DeZine, en San Sadurniño
31 /05/08
O 21 de decembro comezaban n’A Coruña unha xira, o Paraíso Tour, que os levaba por todos os recunchos de Galicia. Dende aquela data, non houbo semana sen concerto dos Loretta Martin… ininterrompidamente até este sábado 31, data na que Brais, Fran e Iago aparcan a furgoneta na A.C. DeZine de San Sadurniño. Será a partir da medianoite, unha cita co mellor funk-rock á espera da chegada do verán.
I é que os coruñeses preparan unha estación chea de presenzas en festivais, festas e, en definitiva, calquera ocasión propicia para a música ao vivo. Para calquera novidade, non deixes de visitar a súa páxina web.

|
|
 |
Narf e a súa banda, ao vivo en Arteixo
30 /05/08
Arteixo é a próxima parada de Fran Pérez, ou de Narf, se preferides. O cantante e guiarrista compostelán visita o Centro Cívico e Cultural da localidade coruñesa dentro da programación do 4x4 da Xunta de Galicia. Será o venres 30 a partires das 20.30 horas, un concerto no que estará secundado polos seus compañeiros de escenario e banda de músicos excepcionais: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo).

|
|
|
Falcatruada lanza a Lizgairo e 2uS: novas sonoridades para o tradicional e jazz-fusión
14/05/08
As melodías da tradición oral coas posibilidades acústicas da arpa, da zanfona e do bozouqui… e co garante dun trío de referenzas na música galega contemporánea: Rodrigo Romaní, fundador e integrante de Milladoiro, co que firmou 16 discos, Anxo Pintos, compoñente e fundador de Berrogüetto, a formación galega máis recoñecida e premiada en Europa, e Xosé Liz, fundador e membro de Beladona, Entre Trastes … Eles son Lizgairo, e o seu disco Diacronías (falcatruada 08) estará á venda o 3 de xuño. Máis info, aquí.
Unha semana antes, o 27 de maio, estará Só Son Sons (falcatruada 08), de 2uS. Dous músicos, Fernando Abreu e Pablo Carrera. Clarinete e guitarra reflectidos coma nun espello. Música instrumental con amplas influenzas do jazz, do funk, da música contemporánea, do world music... 2uS é unha fórmula musical moi achegada ao conceito actual de jazz europeo: improvisación, pero tamén influenzas dos estilos que comparten ambos músicos.

|
|
 |
O novo álbum de "2uS" preséntase ao vivo: será no Teatro Ensalle de Vigo, i en dobre sesión
24-25 /05/08
Só Son Sons (falcatruada 08) é o primeiro disco de Fernando Abreu e de Pablo Carrera. Ou o que é o mesmo, de 2uS. O álbum estará á venda o martes 27 de maio, pero a súa música xa se vai poder escoitar, ao vivo, esta fin de semana en Vigo. Será no Teatro Ensalle, en sesión dobre e coa presenza dos “amigos” que colaboraron na gravación.
Trátase de músicos da categoría de Pablo Novoa (guitarra), Paco Dicenta (contrabaixo), Leandro Deltell (percusión), Xesús Valle (paisaxes sonoras), Nacho Muñoz (teclados), Javi (de JatoNegro)… Se na xornada do sábado (22.00 horas) estarán colaborando puntualmente, a do domingo (21.00 horas) é a gran cita na que sairán todos ao escenario.

|
|
 |
Penúltimo concerto da xira Paraíso Tour
23 /05/08
Loretta Martin segue nela. Se a pasada fin de semana facían dobre sesión en A Coruña, para a vindeira non pensan afrouxar o ritmo: o trío de funk-rock tocará no pub Fardela de Vilalba ao vivo a partires das 23.00 horas, no que será o penúltimo concerto da xira Paraíso Tour.
A última bóla xogarase dentro dunha semana. Se queres saber onde para despedirte da mellor maneira posible, consulta a súa páxina web.

|
|
 |
O Día das Letras Galegas vén cheo de música do país... sentida, escrita e cantada en galego
17 /05/08
Os grupos de Falcatruada van encher de música o 17 de maio, Día das Letras Galegas. The Homens e Loretta Martin, dúas bandas que fan do galego bandeira para as súas composicións, estarán ao vivo nas súas respectivas cidades: Santiago de Compostela e A Coruña.
The Homens, na Festa do Pichel, que se celebrará na Alameda compostelá dende as 20.00 horas. Loretta Martin, na casa e por partida dobre: na Festa da Cultura que terá lugar na Cidade Vella herculina dende as 12.oo horas (pza. de Azcárraga) primeiro, e no parque de Santa Margarida (con Skarnio, Transilvanians...), a partir das 21.30 horas. Máis info sobre The Homens, aquí. Sobre Loretta Martin, preme no botón.

|
|
 |
Silvia Penide regresa a casa cun concerto en Arteixo xunto coa súa banda e máis sorpresas
09 /05/08
Vén de xirar por toda a península con Desafinante Crónica (falcatruada 07), enchendo salas, dando que pensar, e moito que falar… malia así, Silvia Penide volta ao punto de inicio: este venres día 9, o ciclo 4x4 da Xunta de Galicia leva até Arteixo (Centro Cívico e Cultural, 20.30h, 3.5€), a localidade natal de Silvia Penide, un concerto cheo de emoción no que a artista volcará todas as experienzas vividas nos últimos cáseque oito meses… e non o fará soa: canda Silvia Penide estará a banda que a acompañou pola súa xira galega (Alejandro Masafret ao baixo, Marcos Sánchez á batería e Serxio Moreira nos teclados), só que desta vez tamén se unirán dous músicos de Arteixo. É o caso de Víctor Iglesias, acordeón, e Nuria Naya, violín, quen xa acompañaron a Silvia tanto na gravación dos discos coma en diferentes espectáculos ao vivo.
Ademais de por Arteixo, Silvia Penide tamén estará co 4x4 da Xunta en Ourense (31 de maio, Auditorio Municipal) i en Santiago de Compostela (26 de xuño, Teatro Principal).

|
|
 |
Facendo funk por toda Galicia: este xoves, Loretta Martin no Fórum Célticum d'O Burgo
08 /05/08
Os Loretta Martin seguen a facer funk por todas a xeografía galega, mesmo nun dos feudos da música folk no país, o Forum Célticum d’O Burgo, en Culleredo. I é que Brais, Iago e Fran tocarán ao vivo, como banda invitada, nunha das semifinais do concurso de maquetas 100 Pipers Music –no que xa participaron, tamén como invitados, grupos como Triángulo de Amor Bizarro-.
A cita é o xoves 8 de maio dende as 22.30 horas, e a entrada custa 5€.

|
|
 |
O ritmo universal de Narf, ao vivo en Ourense
30 /04/08
Flamenco, bossa, jazz, rock and roll… son os aromas que desprende o novo disco de Narf. Despois de pasear TOTEM (falcatruada 07) por Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Cuba, Inglaterra ou Portugal, o músico compostelán achega a súa música até o Auditorio Municipal de Ourense [mércores 30, dende as 20.30 horas].
Nestas primeiras actuacións da xira de presentación de TOTEM, Fran Pérez (voz e guitarra) estará acompañado por unha banda de músicos excepcionais: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo).

|
|
 |
En Caldas de Reis vai haber moito funk esta fin de semana: os Loretta Martin, no Zona Zero
03 /05/08
Camiño do paraíso, bolo a bolo, os Loretta Martin xa conseguiron inscribir o seu nome coma unha referenza nas axendas de concertos cada semana desde o mes de xaneiro. E teñen corda para rato. Se a semana pasada ofrecían un concerto pletórico de enerxía na sala Mardi Gras de A Coruña, este sábado visitan outra das vilas que máis e mellor relación manteñen coa música ao vivo.
O sábado 3 de maio, e dende a media noite, Loretta Martin estará no Pub Zona Zero de Caldas de Reis (Pontevedra). Pero a xira non para…

|
|
|
A música de Budiño triunfa por toda Europa
29 /04/08
Que Xosé Manuel Budiño é un dos nosos mellores músicos na actualidade ninguén o dubida: ás mostras de recoñecemento que está logrando co seu último disco, HOME (falcatruada 07), únese tamén a admiración que lle profesa cada vez máis xente dende todos os ámbitos. A pasada semana, sen ir máis lonxe, a delegación encargada de avaliar Vigo como sé da vindeira Universiada quedou tan fascinada pola música do de Moaña que até o convidaron a tocar ao vivo en Bruxelas, na gala na que finalmente se decidirá a sé definitiva.
Por outra parte, radios de Croacia, o Reino Unido, Bélxica, Francia… teñen a Xosé Manuel Budiño coma un fixo da programación dos seus espazos.

|
|
 |
Loretta Martin voltan, un ano despois de presentar Paraíso Distante, á sala Mardi Gras
26 /04/08
Un ano despois de que presentasen Paraíso Distante (falcatruada 07) perante o seu público, e despois de lidiar ao vivo en máis de corenta citas –entre elas, na sala Capitol coa mesmísima Fundación Tony Manero ou na mítica sala La Iguana-, Brais, Iago e Fran voltan á Mardi Gras [A Coruña, sábado 26 a partires das 22.30h] coa clara intención de converterse en profetas na súa propia terra.
Os d’A Coruña, que veñen cos motores ben engraxados grazas ao Paraíso Tour –unha xira de inverno coa que se converteron nun fixo das axendas de concertos de toda Galicia-, acaban de pechar outros cinco concertos en maio, preparan unha incursión de funk e rock en Portugal para o mes de xuño e ameazan con ter moita presenza nos festivais deste verán.

|
|
|
Silvia Penide, coma na casa: este venres toca ao vivo no Festival de Cantautores de Beluso
25 /04/08
Cando en 2001 Silvia Penide actuou por vez primeira no Festival de Cantautores de Beluso (Bueu, Pontevedra), ninguén imaxinou que lograría andar con paso firme unha sólida carreira dioscográfica e que abarrotase as instalacións das tendas Fnac de Donostia (o pasado sábado), A Coruña, Madrid…
Este venres 25 de abril desde as 21.30 horas, Silvia Penide acode por sétima vez consecutiva ao clásico Festival de Cantautores da vila pontevedresa, desta vez coma unha artista contrastada, pero sen perder un ápice da contadora de historias que foi en Kilómetros (falcatruada 03), é con Desafinante Crónica (falcatruada 07) e seguirá sendo…

|
|
 |
The Homens, ao vivo en Vilalba con TRES: o sábado 19 no pub Fardela desde as 23.00 horas
15 /04/08
Tres que non paran. I é que desde que Xocas, Roi e Martin, The Homens, lanzaran o seu disco TRES (falcatruada 07), andan a espallar o seu particular xeito de facer pop por todos os recunchos do país. Desta vez, no pub Fardela de Vilalba (Lugo), o sábado 19 a partires das 23.00 horas. Máis info, na web.

|
|
|
Por todo o mundo sen desfacer as malas: de Brasil a Portugal e agora, de novo Inglaterra
15 /04/08
“Éxito e saúde” foi o que recolleu o compostelán Fran Pérez, Narf, nas súas visitas a Recife (Brasil) e Tondela (Portugal), así que decidíu non desfacer as súas malas e seguir de camiño cara a outro lugar do mundo coa súa música. E como foi sementando tótems polo camiño, Narf volta agora até terras inglesas, de onde saíu precisamente o seu Tótem (falcatruada 07).
O domingo, 6 de abril, Narf actuará ao vivo en Brighton (ao sul da pérfida Albion) da man de boca2mouth. Será no Joogleberry Playhouse e estará secundado por Rosi e Jane Bom-Bane e máis Nick Pynn. Unha nova cita para amosarlle aos ingleses a súa particular mestura de estilos e de influenzas recollidas nas súas viaxes.
Máis datas ao vivo:
- 23 de zbril- Santiago. Teatro Principal. 21.00h
- 24 de abril. Lugo. Facultade de Veterinaria. 21.00h
- 30 de abril. Ourense. Auditorio Municipal. 20.30h

|
|
 |
Se non viches a Silvia Penide na televisión, xa podes vela no myspace e na súa páxina web
12 /04/08
As aparicións de Silvia Penide na televisión duante a promoción do Desafinante Crónica (falcatruada 07) xa se poden ver desde a súa páxina web e a través do seu myspace. A primeira delas é a de Noche Sin Tregua, o programa que dirixe Dani Mateo na Paramount Comedy.
Pero ademais de vela na tele, tamén a poderás ver ao vivo, esta fin de semana en Madrid: o sábado 12 a partir das 20.00 horas na tenda Fnac Plaza Norte da capital.

|
|
 |
The Homens, ao vivo na capital da pataca: este sábado 12 na sala Clan, en Xinzo da Limia
12 /04/08
Unha nova cita co power pop de The Homens, desta vez na capital da pataca, en Xinzo da Limia. Será este sábado, 12 de abril, recén pasada a medianoite (0.30 horas) na mítica Sala Clan. Xocas, Martin e Roi, que preparan unha sorpresa para as vindeiras semanas, están pechando ademais novas datas para concertos por toda Europa. A actualidade dos composteláns, na súa páxina web.

|
|
 |
De Andalucía a Barcelona: Silvia Penide ao vivo no Fnac Diagonal Mar e no bar Astrolabi
03-04 /04/08
Unha contadora de historias incansable. Así é a coruñesa Silvia Penide, que sen dar tempo a despedirse de Andalucía –onde deu cinco concertos a pasada semana- tocará desta vez en Barcelona… e por partida dobre.
O xoves 3 de abril estará, dende as 20.00 horas, no Fnac Diagonal Mar . E o venres 4, a partires das 22.30 horas, actuará no bar Astrolabi do barrio de Gràcia, un lugar polo que xa pasou o máis granado da escena musical española.

|
|
 |
O gaiteiro de Moaña, ao vivo no Auditorio de Ourense e no Centro Caixanova de Pontevedra
26 /03/08
Os fans do gaiteiro de Moaña e da súa fusión entre a música de raiz e as influenzas melódicas do resto do mundo están de noraboa. Xosé Manuel Budiño actúa por partida dobre: o xoves 27 estará no Auditorio de Ourense dende as 20.30 horas, e o sábado 29 no Centro Caixanova de Pontevedra, desta vez a partires das 21.00 horas.
Por outra banda, o gaiteiro ten confirmada a súa presenza, como cabeza de cartaz, no XVII Festival Intercéltico do Porto que se celebrará os vindeiros 11 e 12 de abril no Cinema Batalha.

|
|
 |
Dobre cita para o Paraíso Tour: o Festival do Sar de Padrón e a sala Run Rum de Ferrol
26 /03/08
Dobre cita a desta fin de semana para o funk-rock de Loretta Martin: o venres 28, no Festival do Sar de Padrón (praza de touros da Barca, 21.00 horas, entrada de balde, coa presenza de Yoplay, Som do Galpom, Kogito, De la Hoja e Noise Project). Os da Coruña tocarán a partires das 23.30 horas.
Sen tempo para descansar, a furgoneta de Loretta Martin sobe até Ferrol, onde tocarán ao día seguinte na sala Run Rum da cidade departamental (22.30 horas). Pero o Paraíso Tour non descansa… até o mes de maio. Consulta na súa web o resto das datas.

|
|
 |
Silvia Penide leva de novo a súa música por todo o estado: esta semana, Zamora e Madrid
13, 14 e 15 /03/08
Despois da minixira coa que Silvia Penide percorreu os puntos cardinais de Galicia presentando Desafinante Crónica (falcatruada 07), a cantante coruñesa volve á estrada para seguir dando concertos polo resto da península: a primeira parada é o xoves 13, cando estará no café Avalon de Zamora. O resto da fin de semana pasaráa en Madrid: o venres 14, no Rincón del Arte Nuevo (21.00 horas), e o sábado 15 no Fnac Parque Sur (19.30 horas).
Posteriormente, Silvia Penide iniciará unha xira dunha semana por Andalucía. Máis info e datas, na súa web.

|
|
|
Ourense e Vilanova de Arousa, dobre cita esta fin de semana para ver a Loretta Martin
14 e 15/03/08
O Paraíso Tour de Loretta Martin segue a queimar quilómetros polas estradas de Galicia. Esta fin de semana, porén, por partida dobre. A primeira das citas é no café cultural Auriense da cidade das Burgas, o venres 14 ás 21.30 horas. Ao día seguinte, Brais, Fran e Iago levan a súa música ao festival funk-étnico de Vilanova de Arousa. Alí, tocarán no restaurante La Sirena, na praia das Sinas, dende as 22.00 horas.
Todas as datas do Paraíso Tour, na súa páxina web.

|
|
 |
Silvia Penide pon o público en pé na súa despedida galega antes de sair de novo de xira
04/03/08
Cheo a rebentar no salón de actos da Fundación Caixa Galicia d’A Coruña. Silvia Penide e banda ofrecen o último dos seus concertos da minixira galega, e hai moitas ganas. A cantante de Meicende non tarda moito en gañarse o público: entre globos vermellos, coa súa lírica intimista pero universal, con ese xeito de contar as cousas, con esa voz… O resultado: o auditorio despide a Silvia cunha pechada ovación, despois de que a artista repetise até dúas veces os bises sobre o escenario. Unha parada máis na xira Desafinante Crónica (falcatruada 07), que continuou ao día seguinte no Rincón del Arte Nuevo de Madrid.
Pero non vale parar: Silvia Penide actúa o vindeiro xoves 13 en Zamora (Avalon Café), prólogo das súas actuacións en Madrid (venres 14, Rincón del Arte Nuevo, e sábado 15, no fnac Parque Sur). I en vindeiras datas, unha xira por toda Andalucía na que tocará en cinco cidades… Máis info e datas, na súa web.

|
|
|
Acústico Feminino: Nordestin@s, en directo e sen enchufes no Teatro Rosalía de A Coruña
07/03/08
Recén chegado de Cuba, onde participou nas actividades da Feira Internacional do Libro de La Habana xunto ao resto da delegación galega, o trío Nordestin@s (Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade) actuará ao vivo no Teatro Rosalía de A Coruña. Será este mércores día 5 a partir das 21.00 horas dentro do espectáculo Acústico Feminino con motivo do Día da Muller Traballadora. Xunto ás Nordestin@s tamén actuarán as galegas Leilía e as caboverdianas Batuko Tabanka, nunha gala presentada por Lucía Aldao e que se pechará cun tema especialmente preparado entre os tres grupos.
Dous dos integrantes de Nordestin@s, é o caso de Guadi e de Abe, pasarán ao primeiro plano da actualidade proximamente: será o 11 de marzo, co lanzameno do proxecto musical Rosalía21 (falcatruada 08), no que participan xunto ao poeta Anxo Angueira

|
|
|
O directo dos Loretta Martin, no pub Gatos
07/03/08
Unha semana parados antóxase moito tempo para unha banda como Loretta Martin, que percorrerán Galicia e Portugal até o mes de maio levando música ao vivo por todos os recunchos. Esta semana é a quenda do pub Gatos de Melide, onde o trío coruñés tocará o venres día 7 a partires das 23.00 horas.
Todas as datas do Paraíso Tour, na súa páxina web.

|
|
|
Xa está na rúa TOTEM, o novo disco de NARF
20/11/07
TOTEM (falcatruada 07) é o título no novo traballo de Narf, o nome máis acústico do compostelán Fran Pérez, e que dende hoxe poderás atopar en todas as tendas de música. Influenzado polos sons das súas viaxes, tanto físicas coma interiores, TOTEM contén rasgos árabes, flamencos, brasileiros... sinais inequívocos de todas as tendenzas que mamou o artista durante os últimos 20 anos.
Santiago, O Noso Son, Galician Lullaby... son só algúns dos trece cortes incluídos no seu novo disco, unhas cancións que xa presentara na súa xira polo Reino Unido e que presentará oficialmente en Santiago o vindeiro 3 de decembro.

|
|
 |
The Homens tocan por partida dobre esta fin de semana: venres en Lugo e sábado na DZine
29-01/02-03/08
O Pub Clavicémbalo de Lugo acolle a primeira das citas dos composteláns The Homens para esta fin de semana. Será o venres a partires das 0:00 horas. Pero as cancións de TRES (falcatruada 07) sonarán tamén, ao día seguinte, na sala DZine de San Sadurniño. Nesta ocasión, Martin, Xocas e Roi compartirán o escenario cun convidado especial: Boy Elliot. Máis info, na súa web.

|
|
 |
Os músicos galegos seguen a encher as rúas e os teatros de La Habana coas súas notas musicais
20/02/08
Centro da emigración galega en séculos pasados, Cuba acolle estes días, e con motivo da Feira Internacional do Libro de La Habana, ao mellorciño da música galega. E os artistas de Falcatruada tamén queren estar aí.
Se o trío Nordestin@s, integrado por Guadi Galego, Abe Rábade e máis Ugia Pedreira, tivo a oportunidade de actuar no Gran Teatro de La Habana este pasado luns, Narf non se quere quedar atrás: o venres 22 actuará en La Cabaña (18:15 h. Praza de San Francisco), e o domingo 24, no Teatro Mella (20:30 h.). Se queres saber todas as actividades que se desenvolven estes días en La Habana, pincha no botón 'máis'.

|
|
 |
Silvia Penide leva os acordes do Desafinante Crónica até o Café Moderno de Pontevedra
21/02/08
O Café Moderno de Pontevedra acollerá o penúltimo concerto de Silvia Penide na mini-xira que está a dar co patrocinio da Fundación Caixa Galicia. Será este xoves 21 a partires das 21.00 horas.
Lembra que o aforo é limitado, e que aínda podes mercar as entradas para este concerto e máis o d’A Coruña (xoves 28, Fundación Caixa Galicia) na páxina web de Caixa Galicia ou a través do teléfono 902.434.443. Máis info, na súa web.

|
|
 |
Narf presenta Santiago nunha exposición de Second life perante avatares de todo o mundo
04/02/08
Se a pasada semana contábamos que Narf se introducía de cheo nas novas tecnoloxías ao se converter no artista destacado do andar wap de R con Tótem (falcatruada 07), desta vez temos que anunciar que o compostelán se mergulla no mundo virtual: i é que Narf vén de presentar o vídeoclip ‘Santiago’ en Second Life xunto a unha exposición de fotografías do realizador Xavier Belho, encargado tamén da gravación do vídeoclip. Ao acto, hai que dicilo, asistiron centos de avatares de todo o mundo, dende Canadá até Australia…

|
|
 |
Unha embaixada da mellor música galega dará a nota na Feira do Libro de La Habana
13/02/08
Un nutrido grupo de artistas, editores e políticos galegos viaxou estes días até Cuba como embaixadores da nosa cultura na decimosexta edición da Feira Internacional do Libro de La Habana (Filh). E no medio de todos eles, o mellorciño da música galega: Narf, que presentará Tótem (falcatruada 07), Nordestin@s (falcatruada 06), Uxía Senlle, Mercedes Peón ou Dios Ke te Crew, entre outros.
A cita cubana servirá, ademais, para presentar ao vivo o novo proxecto musical de Abe Rábade e Guadi Galego, integrantes de Nordestin@s, co poeta Anxo Angueira: chámase Rosalía XXI e será editado por Falcatruada no mes de marzo. A nova formación debutará o vindeiro 23 de febreiro no teatro Malle de La Habana cun padriño de luxo, Pablo Milanés.

|
|
 |
Silvia Penide e a maxia de Desafinante Crónica, na Fundación Caixa Galicia de Ferrol
04/02/08
Debutou o venres pasado en Lugo coa súa banda, e o concerto non defraudou: o público acompañou o concerto de Silvia Penide coa devoción de quen escoita a un ser querido. Pero a xira Desafinante Crónica non para, e desta vez levan as cancións até a sé da Fundación Caixa Galicia de Ferrol, o xoves 14 de febreiro dende as 20.30 horas.
Lembra que o aforo para o concerto é limitado, e que xa se poden mercar as entradas na páxina web de Caixa Galicia ou a través do teléfono 902.434.443. As seguintes citas serán Pontevedra (xoves 21, Café Moderno) e A Coruña (xoves 28, Fundación Caixa Galicia). Máis info, na súa web.

|
|
 |
Lugo será a primeira parada dunha serie de catro concertos por Galicia de Silvia Penide
04/02/08
A cidade da Muralla será primeiro escenario da xira galega de Silvia Penide con Desafinante Crónica (falcatruada 07), unha serie de catro concertos patrocinados pola Fundación Caixa Galicia que foi presentada o pasado luns no edificio da entidade de aforros na coruñesa rúa de Os Cantóns. Silvia estará acompañada por unha banda (batería, teclado, baixo) que arroupará a súa cálida voz:
LUGO -venres 8, 20.00 h., Fundación Caixa Galicia
FERROL -xoves 14, 20.30 h., Fundación Caixa Galicia
PONTEVEDRA -xoves 21, 21.00 h., Café Moderno
A CORUÑA -xoves 28, 21.00 h., Fundación Caixa Galicia
Lembra que o aforo é limitado, e que xa se poden mercar as entradas para os concertos na páxina web de Caixa Galicia ou a través do teléfono 902.434.443. Máis info, na súa páxina web.

|
|
 |
Loretta Martin, no Pub Liceum, en O Porriño
08/02/08
A xira Paraíso Tour dos Loretta Martin chega, esta fin de semana, ao Pub Liceum, no Porriño. Será o venres 8 de Febreiro ás 23.00 horas. Os prezos serán de 5 euros na entrada e, 4 por anticipado. Despois do concerto no Porriño (lembra que tocan todas as semanas de aquí a maio), onde parará a furgoneta dos Loretta? Consulta as datas na súa web.

|
|
 |
Silvia Penide regresa ás aulas por un día
30/01/08
Silvia Penide volta este mércores a sentarse no que foi o seu colexio cando era pequecha. Pero de alumna, a mestra: a cantante coruñesa tocará ao vivo perante os preto de 200 alumnos de 3 a 12 anos do CEIP San José Obrero de Meicende (Arteixo).
Por outra banda, xa se poden mercar as entradas para os concertos que Silvia Penide dará por toda Galicia na páxina web de Caixa Galicia ou a través do teléfono 902.434.443. Máis info, na súa páxina web.

|
|
 |
Loretta Martin, en La Iguana de Vigo
02/02/08
A xira Paraíso Tour dos Loretta Martin chega a Vigo, e precisamente ao mesmo escenario onde presentaron o seu disco Paraíso Distante (falcatruada 07) por vez primeira. O trío coruñés toca en La Iguana o sábado 2 de febreiro dende as 0.00 horas.
Tras do seu paso por Vigo (lembra que tocan todas as semanas de aquí a maio), onde parará a furgoneta dos Loretta? Consulta as datas na súa páxina web.

|
|
 |
Falcatruada está presente en Midem, unha das maiores feiras mundiais da industria musical
22/01/08
É unha das citas máis importantes do calendario da música profisional. Trátase do Midem, que se celebra na localidade francesa de Cannes até o xoves, unha feira que reúne a todos os sectores implicados no proceso musical e na que se dan cita as últimas novidades do mercado discográfico.
Falcatruada estivo alí aproveitando o tirón da súa aposta polos contidos dixitais, para seguir dando pasos na internacionalización da música galega e logrando cada vez máis presenza nas plataformas musicais de todo o mundo. “Ademais de coñecer de primeira man as novidades tecnolóxicas que marcarán tendenza nun futuro inmediato, tamén se aproveitou para ter encontros con axentes internacionais e coñecer máis o mercado chinés, invitado de honra nesta edición de Midem”, apunta Sergio Lago.

|
|
|
Silvia Penide, ao vivo en Asturias
22/01/08
Murcia, Valencia, Alicante, Zaragoza, Barcelona… moitas son as cidades polas que está pasando a xira Desafinante Crónica (falcatruada 07) de Silvia Penide. Desta vez, a coruñesa tocará por partida dobre en Asturies: o xoves 24 no café Savoy de Xixón (22.00 h), e despois en Siero, no Fnac Parque Principado, o venres 25 a partires das 19.00 horas.
Sen embargo, a cita máis especial para Silvia Penide será o vindeiro mércores, cando tocará ao vivo perante os nenos do Colexio San José Obrero de Meicende, onde ela mesma estudou. Se queres coñecer todas as datas da súa xira, non deixes de visitar a súa páxina web.

|
|
 |
The Homens: á conquista de Portugal
22/01/08
The Homens atravesan esta semana a ponte do Miño. O trío compostelán viaxa até O Porto e até Penafiel para ofrecer, en dous días, catro concertos da súa xira de inverno con TRES (falcatruada 07). I é que os grupos galegos comezan a deixar pegada no país veciño, e o público agarda con moita expectación a música que vén da parte da Galiza.
Os concertos de The Homens en Portugal serán:
Venres 25, Maia - Fnac de Santa Catarina, 17.00h-
Venres 25, Maia -
Tertúlia Castelense, 23.00h-
Sábado 26, Penafiel -
Fnac Norte Shopping, 17.00 h-
Sábado 26, Penafiel,
Bar do Lago, 23.00h-
Máis info sobre a xira, na súa páxina web.

|
|
|
Este venres... a furgoneta de Loretta Martin viaxa até Cariño: en concerto na sala Ogmios
15/01/08
A xira Paraíso Tour dos Loretta Martin chega a Cariño despois do seu exitoso paso polo Clavicembalo, en Lugo, onde meteron a máis de cen persoas. Desta vez, a cita semanal co grupo coruñés é na sala Ogmios, o venres a partires das 0.30 horas.
A semana que vén, Loretta Martin cámbianse de provincia para seguir a súa xira. Se queres coñecer todas as datas (lembra que tocan todas as semanas de aquí a maio) , consulta a súa páxina web.

|
|
 |
Xosé Manuel Budiño inaugura a xira de HOME no prestixioso Celtic Connections de Glasgow
15/01/08
O lugar elixido polo gaiteiro de Moaña para escomezar a xira de presentación de HOME (falcatruada 07) é o mítico Fruitmarket, o antigo mercado de froita da capital escocesa. Xosé Manuel Budiño estrea ao vivo o seu cuarto álbum no escenario do festival Celtic Connections de Glasgow, un dos máis importantes do mundo celta. A cita é o sábado 19 ás 20:00 horas.
Posteriormente, a música de HOME voltará a Galicia: un showcase na Fnac de A Coruña (sábado 26 de xaneiro ás 19.00 horas) será a primeira ocasión de escoitala, e despois virán tres concertos nas cidades de Pontevedra, Vigo e Ferrol. Máis info, na súa web.

|
|
 |
Comeza a andar o Paraíso Tour dos Loretta Martin: primeira parada, o Clavicémbalo (Lugo)
09/01/08
A furgoneta dos Loretta Martin bota a andar. Se a semana pasada inauguraban a xira Paraíso Tour sen saír da casa, este venres marchan cara a Lugo, xa que tocan ao vivo no pub Clavicembalo dende as 22:00 horas. Pero a do venres non vai ser máis que o primeiro dunha longa serie de destinos.
I é que Loretta Martin vai estar tocando ao vivo por toda a xeografía galega e Portugal durante os vindeiros cinco meses: todas as semanas sen excepción. Despois de Lugo, cal será a próxima parada?

|
|
|
The Homens, ao vivo no pub Gatos de Melide
09/01/08
O trío compostelán The Homens, despois de arrincar na sala Mardi Gras de A Coruña a súa xira de inverno, segue levando a súa música de TRES (falcatruada 07) ao vivo nun dos concertos máis divertidos e cachondos do momento en Galicia. A cita é o venres pola noite (a partires da 1.00 da mañá) no pub Gatos, en Melide.
Máis info, na súa web.

|
|
 |
The HOMENS presentan su último álbum, TRES, en A Coruña: viernes 4, sala Mardi Gras
31/12/07
O pistoletazo de saída da nova tempada musical en A Coruña vai a correr a cargo dos santiagueses The Homens, que estarán o vindeiro venres 4 de xaneiro, a partires das 22.30 horas, na sala Mardi Gras presentando o seu novo álbum, TRES (falcatruada 07) .
Martín, Xocas e máis Roi, os integrantes de The Homens, comezan precisamente na cidade herculina unha intensa xira de concertos que os levará a diferentes partes da xeografía galega e tamén da portuguesa. Máis información, na súa páxina web.

|
|
|
Xira de inverno de Loretta Martin: haberá unha actuación por semana até o mes de maio
21/12/07
Os tres integrantes de Loretta Martin montan na furgoneta para lograr un fito único en Galicia: dende xaneiro até maio tocarán todas as semanas, sen faltar nin unha soa, por diferentes lugares da nosa xeografía.
Logo da súa presentación no pub Rock and Roll da súa cidade o venres 21 de decembro, o trío de funk-rock coruñés métese de cheo no "Paraíso Tour", no que debullarán os temas que poderá incluír o seu segundo álbum. Para saber as datas dos concertos, preme no botón.

|
|
|
Loretta Martin abren a súa xira de inverno: cun concerto acústico no pub 'Rock and Roll'
18/12/07
Loretta Martin voltan ao vivo este venres no pub Rock and Roll da Coruña en formato de concerto acústico, unha cita que servirá de presentación da súa xira de inverno. Despois de pasar todo este último verán compoñendo as cancións do que será o seu segundo álbum -tras Paraíso Distante (falcatruada 07)-, os coruñeses chegan cun novo repertorio baixo o brazo que levarán por toda a xeografía galega.
I é que, de xaneiro a maio, non haberá nin unha soa semana sen que Loretta Martin actúe en directo nalgún curruncho de Galicia. O mesmo día do concerto, o grupo colgará na súa web as datas dos concertos.

|
|
|
Silvia Penide achega a súa música até Euskadi: conciertos en Vitoria i en Pamplona
11/12/07
A sala Caruso de Vitoria Gasteiz, este venres a partires das 22.00 horas, e a Onxi Kin de Iruña-Pamplona, o sábado á mesma hora, acollerán senllos concertos de Silvia Penide. A cantante coruñesa prosegue así a súa xira de concertos de presentación de Desafinante Crónica (falcatruada 07), que posteriormente continuará por salas de Galicia e do resto do estado.
Por outro lado, xa se pode ver o vídeoclip de Reventaba na sección Mtv Hot, pertencente ao mesmo canle de música, 15 veces cada semana.

|
|
|
Silvia Penide presenta ao vivo o seu terceiro álbum, Desafinante Crónica, en A Coruña
05/12/07
Despois de xirar con Desafinante Crónica (falcatruada 07) por salas de todo o estado, Silvia Penide estará ao vivo, por vez primeira, presentando na casa o seu terceiro disco. Será este venres na sala da Fnac (Praza de Lugo) a partires das 19.00 horas. A entrada é gratuíta.
Reseñar igualmente a boa acollida do vídeoclip Reventaba, gravado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, na gala dos Premios Amigo. O vídeo de Silvia Penide quedou nunha meritoria décima posición (de entre 41 participantes), máxime competindo con propostas máis consolidadas coma as de Miguel Bosé, Nek, El Sueño de Morfeo…

|
|
|
Reventaba, de Silvia Penide, nominado ao 'Vídeo del Año' nos Premios Amigo da Música
27/11/07
Os Premios Amigo da música, outorgados pola SGAE, decidíu escoller o Reventaba, de Silvia Penide, entre os 41 nominados a Vídeo del Año -xunto a Miguel Bosé, La Mala Rodríguez, El Sueño de Morfeo...-. O gañador coñecerase na gala que se celebra o martes 27, e sairá da votación no portal de Yahoo.
O videoclip do single de presentación do Desafinante Crónica (falcatruada 07) foi rodado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña no mes de agosto a cargo da produtora Adivina, e foi realizado por Rita Romero, producido por Lucía Rolle (Falcatruada) e contou con Luís Longueira na direción de fotografía. Falcatruada traballou cunha estupenda equipa humana e a participación das actrices Feli Manzano, Ángeles (Angie) De la Fuente, Tatiana Guerra e Ainhoa Canedo.

|
|
|
The Homens presentan TRES, este venres na sala Nasa de Santiago con Fanny e Alexander
30/10/07
Na casa, e por todo o alto. The Homens presentan este venres en Compostela o seu último disco, TRES Será na sala Nasa a partires das 22.30 horas, pero non estarán sos: no mesmo evento tamén presentarán o seu novo disco Fanny + Alexander.
O grupo compostelán, logo de presentarse na sala Nasa, marchará a Barcelona para tocar nas festas grandes da Autónoma de Barcelona, será o vindeiro 8 de novembro. Máis info, na súa web.

|
|
|
Falcatruada viaxa á feira de WOMEX
24/10/07
Considerada a mellor feira no ámbito do World Music, WOMEX acollerá en Sevilla a milleiros de representantes da industria da música dende o xoves até o sábado. E Falcatruada acudirá á cita cun bo catálogo baixo do brazo: Nordestin@s, Nova Galega de Danza, Narf o Xosé Manuel Budiño, próximos lanzamentos, dan sobrada mostra da calidad e proxección da música galega en clave universal.

|
|
|
Silvia Penide presenta durante esta semana en Madrid o seu Desafinante Crónica ao vivo
15/10/07
Silvia Penide presenta en Madrid o seu terceiro álbum, Desafinante Crónica. Será este martes 16 ás 21.30 horas na sala Costello, un showcase dirixido aos medios de comunicación pero aberto ao público e no que tocará acompañado da banda durante 45 minutos. O vindeiro xoves 18 repetirá na capital dende as 21.30 horas, desta vez no Rincón del Arte Nuevo e acompañada unicamente da súa guitarra.
Segue a actualidade de Silvia Penide no seu espazo web, que conta cun deseño máis accesible dende hoxe.
.

|
|
|
'O feitizo da música galega' ou como esportar a música feita no país, a debate na tenda fnac
25/09/07
A tenda FNAC de A Coruña acolleu este luns un debate titulado 'O Feitizo da Música Galega', no que varios participantes abordaron as posibilidades de internacionalización e de esportación da música feitano noso país.
No debate participaron, ademis de Sergio Lago en representación de Falcatruada, os músicos Abe Rábade e Guadi Galego, de Nordestin@s, Silvia Penide, e Sergio Zearreta e Nico, de Lamatumbá. Cada un expuxo o seu diferente punto de vista acerca das potencialidades e oportunidades de esportar música galega aos mercados estranxeiros. |
|
|
Desafinante Crónica, o terceiro disco de Silvia Penide, xa está oficialmente na rúa
01/10/07
Este martes 2 de outubro, o terceiro álbum de Silvia Penide, Desafinante Crónica, sale oficialmente á luz. O disco xa está dispoñible en todas as tendas, e proximamente presentarase en Madrid na sala Costello (16.10.07).
Agardemos que o lanzamento físico acade os bos números do seu homólogo dixital: na primeira semana de lanzamento, chegou ao número 20 nas listas de álbumes máis vendidos en iTunes, a tenda de música dixital por excelenza na rede. Ademais, conseguíu colarse no número 6 na lista de álbumes máis vendidos na categoría de música latina.

|
|
|
Josecho despídese de Talesien no 'Muralla Rock' de Lugo despois de dez anos na banda
29/08/07
Josecho, guitarra solista de Talesien, abandona o grupo para adicarse por enteiro aos seus proxectos familiares despois de dez años e más de 150 concertos coa banda de Laracha. A súa última cita será precisamente o sábado 15 de setembro, no festival 'Muralla Rock' de Lugo.
O seu relevo será Óscar Ínsua ‘Jumpin’, guitarra que colaborou cun bo feixe de músicos galegos. O seu debut non se fará esperar: o vindeiro 21 de outubro, Talesien teloneará na sala Capitol de Santiago aos míticos RIOT.
Máis info sobre o nuevo guitarrista dos Talesien, pinchando no botón de abaixo.
.

|
|
|
Desafinante Crónica: descubre as cancións do novo disco de Silvia Penide no seu myspace
22/08/07
As cancións de Desafinante Crónica, o novo álbum que verá a luz o vindeiro 25 de setembro, xa se poden escoitar no seu myspace. Os primeiros en escoitalas están sendo os centos de fans que non quixeron perderse os novos temas a través da rede.
Cada martes e xoves ata a saída do disco iranse colgando novas cancións. Se queres saber como soan, preme no botón de abaixo.

|
|
|
Só unha treboada impide a Lamatumbá tocar en Bilbo... pero a xira segue: non vale parar!!!!
22/08/07
Unha inesperada treboadadeixou a milleiros de bilbaíños sen a actuación de Lamatumbá durante a Semana Grande das festas. Pero o grupo ourensán segue a súa xira de concertos porque, coma eles mesmos proclaman, non vale parar!!
As próximas citas da banda serán en Chantada (24/08), Ordes (25/08), Manresa (26/08), Rianxo (29/08) e Fene (02/09). Posteriormente, o vindeiro 19 de setembro, Lamatumbá viaxará at a Berlín .

|
|
|
Silvia Penide non para, pero para escoitala ao vivo terás que ir ata Italia ou Eslovenia
14/06/07
Mentres agarda pola saída ao mercado do seu terceiro álbum, "Desafinante Crónica", Silvia Penide non para de dar concertos e de presentar as súas novas cancións. Desta vez será en Ljubjlana, a capital de Eslovenia, o vindeiro 21 de xuño, e na outra beira do Adriático o 5 de xullo, concretamente na cidade italiana de Monfalcone.
O 19 de xuño poderémola ver ademais presentando "A casa de Lola e Andrés", o documentario de Olaia Sendón para o que compuxo a banda sonora, no Instituto Cervantes de Ljubjlana.

|
|
|
Lamatumbá segue de festa!
31/07/07
Un agosto cheo de datas agarda a Lamatumbá, que percorrerá o norte da península de punta a punta. Estes son os seus seguintes concertos:
14/08/2007 - Moia (Barcelona)
+ ANTONIA FONT 22:00 [ + info ] |
17/08/2007 - Gernika (Bizkaia)
+ LA INCONSCIENCIA DE UOHO |
15/08/2007 - Cuntis (Pontevedra)
Pza. CONSTITUCIÓN, 0:30 |
18/08/2007 - Castellbisbal (Barcelona)
22:00 [ + info ] |
E máis adiante: Bilbo, Ordes, Rianxo, Chantada...
Máis info, na súa páxina web.

|
|
|
Os grupos máis duros do país xa están a quecer
os motores para o Gallaecian Metal Festival
05/07/07
Para celebrar o éxito do recompilatorio Gallaecian Metal (falcatruada 07), as bandas participantes no proxecto organizan o Gallaecian Metal Festival os vindeiros 13 e 14 de xullo. O evento terá lugar na Carballeira da Guía (en Teis, Vigo) e a entrada será de balde As actuacións comezarán ás 23.00 horas, e o prato forte servirase a partires das 3.00 da mañá.
O cartaz está composto por un total de 10 bandas entre as que se atopan Fallen Sentinel, Trashnos ou Freedom Xlave. Se queres saber máis sobre este festival, preme o botón de abaixo.

|
|
|
Nordestin@s meten ao público no peto durante os concertos de Madrid e Barcelona
16/05/07
A Sala Clamores de Madrid, o pasado día 9, e a Sala Petit do Palau de la Música de Barcelona, dous días despois, foron os escenarios nos que o trío Nordestin@s despregou a súa particular proposta de folk e jazz durante a súa xira promocional fóra da Galicia.
En Madrid (na imaxe) convenceron aos máis alleos ao fenómeno nordestino, e en Catalunya levaron as ovacións máis pechadas nun escenario que compartiron con Rosa Zaragoza e Mercedes Peón dentro do ciclo de concertos SonGaliza.

|
|
|
Desafinante Crónica, de Silvia Penide, chegará finalmente no mes de setembro
07/05/07
Malia que iremos coñecendo o contido do disco ao longo deste verán, o novo disco de Silvia Penide terá que agardar ata o vindeiro mes e setembro. "Desafinante Crónica" é o seu terceiro disco tras Kilómetros e Invisible (falcatruada 03 e 05).
"As cancións miran moito cara ao meu interior, pero supoño que para o interior de calquera, é [o disco] máis intimista", afirma a cantante coruñesa. Máis novedades, durante os vindeiros días.
 |
|
|
Os grupos galegos lánzanse á conquista do público: comeza a temporada de concertos
25/05/07
A axenda de concertos vén cargada de datas e de grupos para os vindeiros días. E, entre todos eles, Loretta Martin, Lamatumbá, Sevigny e mesmo a Nova Galega de Danza, co seu recén presentado Engado (falcatruada 07). As citas son:
Nova Galega de Danza: 26.05.07, Teatro Principal de Santiago de Compostela. E, uns días despois: 31.01.07, Auditorio Municipal de Ourense.
Loretta Martin: 26.05.07 na festa funky da sala DZine ( San Sadurniño) con The Sweat. 01.06.07, Festa da Lingua, en Santiago de Compostela.
Sevigny: 31.05.07 na sala Ache de Marín.
Lamatumbá: 01.06.07, Rockin' Oia, xunto a, entre outros, os euskaldunes Betagarri.
Máis info, na columna da esquerda.
|
|
|
A sala Clamores de Madrid e o Palau da Música de Barcelona reciben a visita de Nordestin@s
07/05/07
O trío Nordestin@s estará en Madrid e Barcelona durante esta semana. Este martes poderedes escoitalas a partir das 13.00 horas en Discópolis, o programa de José Miguel López en Radio3.
O mércores 9 actuarán na sala Clamores de Madrid ás 21.30 horas (entradas a 6€ adiantada, na propia sala, e 8€ en taquilla). Para os que non esteades en Madrid, poderedes seguir o concerto en directo na rede a través de www.salaclamores.com.
O venres 11 farán o propio no Palau da Música Catalana xunto a Mercedes Peón e Rosa Zaragoza. A cita comezará ás 21.00 horas. Máis información na páxina www.songaliza.com
Estes dous concertos terán como obxetivo espallar a orixinal proposta musical do grupo tras o éxito colleitado en Galicia.

|
|
|
Loretta
Martin prosegue coa súa axenda de concertos:
este sábado tocarán en Soutomaior
19/04/07
Loretta Martin prosegue a súa xeira de concertos despois da vibrante
actuación do pasado sábado na sala Capitol,
de Santiago de Compostela, onde foron teloneiros dos mesmísimos Fundación Tony
Manero co gallo da xira
do seu décimo aniversario. Esta fin de semana, a
banda coruñesa achegarase ata Soutomaior (Arcade, Pontevedra), onde tocará a partires das 22.00 horas. Aentrada
será de balde.
Namentres,
podes ver a reportaxe que o programa de Televisión
Española Miradas2 emitíu sobre o trío
coruñés premendo o botón de abaixo.

|
|
|
Silvia Penide grava durante esta semana
o seu terceiro disco: "Desafinante Crónica"
09/04/07
Os estudos Abrigueiro de Lugo albergan arestora a gravación de "Desafinante Crónica", o terceiro disco de Silvia Penide tras "Kilómetros" e "Invisible" (falcatruada 03, 05). Unha vez máis, a cantante coruñesa porase nas mans do produtor Arturo Vaquero, con quen xa traballara anteriormente. O disco sairá á luz no mes de maio.

|
|
|
Loretta
Martin subirán de novo aos escenarios a vindeira
semana ...e por partida dobre
02/04/07
Tras a presentación oficial
de “Paraíso Distante” na sala Mardi Grass, con Xavier
Facal ao teclado e Ángel Sanluís á
percusión, os Loretta Martin apúntanse de
novo ao directo a semana que vén e… por partida dobre.
O venres, 13 de abril,
o Playa Club de A Coruña acollerá outra sesión
de funkeirazo do trío coruñés. E, o
14 de abril, traslado de bártulos
á Sala Capitol de Santiago de Compostela para tocaren
no concerto do décimo aniversario da Fundación
Tony Manero.
Para esas datas, darase
a coñecer ademáis o video-clip de As COlres
do Solpor, que foi gravado esta fin de semana nas praias
de Laxe.

|
|
|
Os Loretta Martin estrean "Paraíso Distante"
30/03/07
Brais, Fran e Iago, os integrantes de Loretta Martin, estrearán en directo o seu novo disco na súa propia cidade. A cita será este venres, 30 de marzo, a partires das 22.30 horas na sala Mardi Gras de A Coruña (travesía de La Torre, en Monte Alto).
As entradas terán un custe de 8 euros en taquilla, e de 6 euros por adiantado -nas tendas Noni's e Portobello-, aínda que mercando o disco antes do venres pódese conseguir un pase de balde para o concerto.

|
|
|
O Maketon coloca aos Loretta Martin no posto primeiro entre o seu "top" dos grupos galegos
07/03/07
No número 1 do "top" de grupos galegos do Maketon Estrella Galicia. Aí é onde se colocaron os Loretta Martin un mes depois da saída do seu primeiro disco, "Paraíso Distante" (falcatruada 07). Esta clasificación, realizada pola emisora dos 40 principales de Vigo, dálle máis forza á súa presentación ao vivo na cidade olívica, o pasado 28 de decembro en La Iguana.
Os coruñeses preparan agora a gravación do video-clip de As cores do solpor, o seu primeiro single, e a finais de mes presentaranse oficialmente na súa cidade (Mardigras, 30/03/07), antesala da súa actuación en Santiago xunto á Fundación Tony Manero (Capitol, 14/04/07).

|
|
|
O público celebra a unión entre a mellor tradición vocal galega e o os ritmos do jazz
07/03/07
O trío Nordestin@s "creou un ambiente evocador" entre o público que asistíu aos seus concertos en Carballo e Oleiros a pasada fin de semana, segundo se puido ler nos xornais ao día seguinte.
I é que as voces de Guadi e Ugia, herdadas da mellor tradición oral galega, casan á perfección coas harmonías de jazz que saca do piano Abe Rábade. Unha composición tan sinxela ao mesmo tempo que emocionalmente complexa que pode trasportarnos ata as mesmísimas praias do mar do Norte.

|
|
|
O Circuíto 4x4 leva esta fin de semana ata Carballo e Oleiros o directo de Nordestin@s
27/02/07
O trío Nordestin@s, que vén de gañar os VI Premios Opinión de Música Folk, ofrecerá senllos concertos durante esta fin de semana nas localidades coruñesas de Carballo e Oleiros dentro do Circuíto 4x4 da Consellería de Cultura. O venres 2 de marzo, a cita será no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00 horas. O sábado 3 de marzo, o trío tocará no Centro Cultural A Fábrica de Perillo, en Oleiros, dende as 20.30 horas. Nordestin@s encherá o espazo adicado á música instrumental de vangarda e ás voces e cantares tradicionais.
Dentro desta programación, Nordestin@s actuará tamén en Boiro, o 23 de marzo, en Lalín, o 30 dese mesmo mes, e finalmente, en Ribadeo o 20 de abril.

|
|
|
Gallaecian Metal Compilation, un dobre CD cos grupos máis duros de Galicia
19/02/07
O metal galego goza de boa saúde e conta con variedade nas súas filas. Así o demostra en Gallaecian Metal Compilation, un dobre CD con 26 temas doutras tantas bandas que está acadando grande sona e aceptación no mundo da música galega. A iniciativa do proxecto foi das propias bandas, que contaron co pulo do guitarrista de Talesien, Carlos Sotelo. Falcatruada edita este dobre CD, que está á venda en trastenda.com.

|
|
|
Loretta Martin presentaranse en directo
30/03/07
O novo disco dos coruñeses Loretta Martin presentarase oficialmente en directo o vindeiro 30 de marzo na sala Mardi Gras da cidade herculina. "Paraíso Distante" (falcatruada 07), que xa está á venda dende a pasada semana, é a fusión dunhas letras con luz propia e que, en moitos casos, exercen de notas musicais, coas harmonías máis cálidas do panorama musical galego.

|
|
|
|
Falcatruada traballa na promoción da música galega dentro do Midem
23/01/07
Falcatruada imaxe e música traballa, xunto a outras compañías do país (entre elas Sons Galiza, Zouma, Ouvirmos, Cartafol, Nordesía, Abada ou A fábrica de chocolate) e do IGAEM na expansión da música galega dentro da feira internacional de música Midem, que se celebra na localidade francesa de Cannes.
A representación galega está baixo o paraugas do portal galiciantunes, a web adicada á promoción da música e da cultura galega.

|
|
|
Lamatumbá pecharon xira en Santiago
05/12/06
Lamatumbá é, sen dúbida, o grupo galego de referencia no 2006.
A súa festa viaxou por Barcelona, Cádiz, Torrelavega, Oiartzun, Errenteria, Tarragona, Girona, Granada, Gasteiz, Huesca… ata Compostela, o pasado 5 de decembro. Perante máis de 4.000 persoas, e xunto aos cataláns The Pinkertones e aos ingleses Asian Doub Foundation, homenaxearon os voluntarios e os profisionais que traballaron -e aínda traballan- nos montes galegos asolagados pola vaga de lumes do verán.
Este concerto foi o derradeiro que Lamatumbá realizará en moito tempo en Galicia, xa que o grupo realizará unha pausa durante este 2007 para preparar novos proxectos. Un fin de xira, un punto e seguido…
 
|
|
|
Lamatumbá no San Froilán
11/10/06
Máis de 3000 persoas ateigaron o recinto lucense onde a banda realizou un concerto memorable, que serviu de peche da xira de verán en Galicia. Nas vindeiras semanas a banda actuará en Catalunya, e Andalucía.
> venres 20 outubro - Hospitalet (Catalunya)
> sábado 21 outubro - Banyoles (Girona)
> venres 27 outubro - Granada
> sábado 28 outubro - Rota (Cádiz)
> domingo 29 outubro - Vejer (Cádiz)
> venres 24 novembro - Huesca
> sábado 25 novembro - Gaztetxe, Gasteiz( Vitoria)
 
|
|
|
Loretta Martin prepárase para o lanzamento do seu primeiro disco "Paraíso Distante"
O disco sairá oficialmente á rúa o vindeiro 22 de xaneiro, aínda que o podes atopar antes que ninguén en trastenda.com.
“Paraíso distante” (falcatruada, 07), o novo traballo dos coruñeses Loretta Martin, é unha caixa con doce sorpresas que discorren polo camiño da fusión e nos que o funk, o jazz e a música brasileira modelan o seu estilo cara a uns sons Funk-Rock que animan a bailar.

|
|
|
Sevigny en concerto con Laura Veirs
Sevigny, o proxecto en solitario de Lucía Rolle, abrirá o concerto de Laura Veirs en Vigo.
29:11:06 - LA IGUANA CLUB [vigo] - 22:00
LAURA VEIRS & THE TORTURED SOULS
+ SEVIGNY

|
|
|
Nova web: microfest.net
20/10/06
Deseñamos a web do festival de hip hop de referencia en Galicia. A imaxe gráfica é obra de Pánchez (aduaneiros sem fronteiras).

|
|
|
Telémaco na Fnac
31/10/06
O combo galego Telémaco presentou en Madrid e en directo, o seu primeiro disco "Outótono".
> sábado 4 novembro - Fnac Parque Sur (Madrid)
> domingo 5 novembro - Fnac Plaza Norte (Madrid)
Ámbolos dous as 19:00 h.

|
|
|
Talesien en concerto
A banda ofrece os primeiros concertos co seu novo batería e con enerxías renovadas.
> sábado 21 outubro - Ortigueira + Trashnos
> sábado 4 novembro - Cambados
> sábado 11 novembro - Santiago + Su Ta Gar

|
|
|
|
|
A Run Rum de Ferrol, última estación onde se poderá escoitar o Melalcoholic dos Sevigny
22/06/09
Do Melalcoholic, un disco que se fixo merecerte dos máis destacados eloxios, quedan poucos visos, pero Lucía Rolle e Xulio Vázquez queren despedilo como se merece. Despois de tocar no palco do campus de Ourense dentro das actividades do Día da Música, Sevigny actuará esta semana na sala Run Rum de Ferrol, o sábado 27 a partires das 23.30horas (a entrada custa 5 euros). O concerto do Pub d'Antón, na Laracha, cancelouse por un cambio na programación do local.

|
|
|
O festival indie do 'Día de la Música', no campus de Ourense e coa presenza de Sevigny
15/06/09
Fin de semana de traca para os coruñeses Sevigny: se o venres 19 actúan no pub Jazz Vides d’A Coruña (23.00 horas, billete: 5 euros), dándolle a volta de torca definitiva ao Melalcoholic, o domingo 21 estarán, dentro dos actos do Día da Música organizados por Heineken Greenspace, sobre o escenario do campus universitario de Ourense.
Lucía Rolle e Xulio Vázquez (20.30 horas) actuarán, logo, da man dalgúns dos grupos máis potentes do panorama indie estatal: Tachenko, The Requesters, Elodio y los Seres Queridos, Lori Meyers, L.A. + Arizona Baby, Dj Torgal… Os concertos comezarán ás 19.00 horas e serán de acceso gratuíto.

|
|
|
Lanzamento para o 16 de xuño: a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza
08/06/09
Xa queda menos para coñecer a terceira e derradeira entrega das músicas da Nova Galega de Danza. Coma o novo espectáculo da compañía, TRADICCIÓN, a banda sonora creada por Pedro Lamas achéganos unha parte do noso folclore e dos nosos costumes atravesada co inspirado filtro de músicos como Jacobo de Miguel, Xabier Díaz, Suso Iglesias, Toño Domínguez, Ricardo Rozas, Juan Collazo ou Miguel Queixas, que colaboran tanto no espectáculo ao vivo coma na gravación do disco.
A música da montaxe de TRADICCIÓN, que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica Galicia, sairá á luz o martes 16 de xuño.

|
|
|
2uS e Sevigny son as propostas de Falcatruada ao vivo para esta fin de semana
08/06/09
Esta fin de semana, Falcatruada achega tres propostas de música ao vivo. Aínda que totalmente diversas en canto ao estilo, Vigo e Betanzos albergarán cadanseu concerto.
Fernando Abreu e Pablo Carrera, 2uS, actúan dentro do programa Espazos Sonoros na Casa Núñez de Betanzos, o venres 12 dende as 20.30 horas. Ese mesmo día, Sevigny continuará a súa vaga de adeuses ao Melalcoholic, desta vez dende a sala La Iguana de Vigo (0.00 horas, 5 €).
Máis info dos concertos de Falcatruada, no enlace:

|
|
|
Vigo e Ferrol, unha dobre cita co funk, reggae, e o rap de Som do Galpóm nesta fin de semana
26/05/09
Dobre sesión de funk, reggae e rap a desta fin de semana cos Som do Galpóm. Os gañadores do último certame Nsaio volven a Vigo por vez primeira desde que saíra á luz Em Terra de Ninguém (álbum debut gravado nos estudos Casa de Tolos) para tocar en La Fábrica de Chocolate este venres 29 ás 22.00 horas (billete, 5€). Un concerto que, coma nos ten acostumados esta banda, será para disfrutar da música ao vivo co mellor ambiente posíbel.
Ao día seguinte, sábado 30, os d’A Moniña estarán na sala Run Rum de Ferrol, dende as 22.30 horas e polo mesmo prezo (5 €).

|
|
|
Sevigny depide o Melalcoholic no pub Garufa
26/05/09
Os escenarios de Madrid, Barcelona e Portugal xa testemuñaron a calidade e as intencións de Sevigny. E agora que o Melalcoholic cede o paso a unha nova aventura musical, Lucía Rolle e Xulio Vázquez queren despedirse del na casa, entre amigos, e nun local con solera, o pub Garufa, na Cidade Vella d'A Coruña, o venres 29 ás 23.00 horas. O billete custa 5 €.
A formación coruñesa, que aínda ten unha apretada axenda de concertos ao longo do mes de xuño (entre eles, o do Día da Música, rodeado do máis selecto do pop estatal), prepara arestora o seu segundo álbum que verá a luz no mes de outubro, e do que xa empezan a dar boa conta nos seus espectáculos ao vivo.

|
|
|
A música de Sevigny paséase por Portugal
19/05/09
Unha nova aventura espera aos Sevigny, que non paran de experimentar novas e agradábeis experienzas á espera do seu agardado segundo disco. Desta vez, a música de Lucía Rolle e de Xulio Vázquez viaxa até as localidades portuguesas de Coímbra e de Viseu, onde ofrecerán senllos concertos nas respectivas tiendas Fnac.
Na de Coimbra, o venres 22 ás 22.00 horas, e o de Viseu, o sábado 23 ás 21.30 h (horario portugués nos dous casos). A entrada para ambos concertos é completamente gratuíta.

|
|
|
Silvia Penide toca ao vivo por Italia e máis Eslovenia despois de xirar por todo o Estado
19/05/09
Tras da exitosa xira que Silvia Penide ofreceu ao longo de salas e auditorios de todo o estado español, a artista meicendesa volve dar o salto internacional, desta vez cunha serie de concertos en Italia, Eslovenia e mesmo Alemaña. Todo isto antes de pechar un novo ciclo de actuacións no forum da Fnac d’A Coruña, o vindeiro 20 de xuño.
Polo de agora, Silvia viaxará, na mesma fin de semana, á localidade italiana de Gorizia, onde actuará no Piazza Grande Wine Café (venres 22), e á eslovena de Nova Gorica (Bar Center, sábado 23).

|
|
|
Sevigny viaxa á Cidade Condal precedido do seu éxito na rede para ofrecer senllos concertos
11/05/09
Chega a Barcelona un dos grupos de moda en Galicia, os coruñeses Sevigny, ou o que é o mesmo: Lucía Rolle máis Xulio Vázquez. Faino precedido do seu éxito de vendas en EEUU e noutros países de ámbito anglosaxón despois de incluír un dos seus temas, When the Stars Go Blue, na banda sonora da serie Privileged.
Lucía Rolle e Xulio Vázquez estarán tocando ao vivo o venres 15 no NIU (espai artístic contemporani) desde as 20:45 horas (billete, 4 € con consumición), e o sábado 16 no Fnac Illa Diagonal, ás 18.30 horas (entrada gratuita) .

|
|
|
Dobre cita a favor da lingua na fin de semana do '17 de maio': Padrón e Pontevedra
11/05/09
Na fin de semana do 17 de maio na que se celebra o Día das Letras Galegas adicado, nesta ocasión, a Ramón Piñeiro, os Som do Galpóm réndenlle a súa particular homenaxe á lingua con senllos concertos.
O primeiro deles será o venres 15 en Padrón (12.00 horas), cita na que estarán acompañados das caboverdianas e burelás Batuko Tabanka. O segundo acto será o sábado 16 en Pontevedra, onde compartirán cartaz cos Skarnio e cos Ataque Escampe.

|
|
|
Silvia Penide, inmersa nunha xira, ponlle música a unha campaña polo voluntariado
27/04/09
Portugal e Palma de Mallorca a pasada semana, Madrid e Segovia esta, Murcia e Sevilla para a que vén... Silvia Penide non para de tocar por toda España, e logo farao tamén por Italia, Eslovenia ou Alemaña. Tanta actividade, porén, non consegue desviar a atención sobre a súa música.
É o que pasou con Solidaríza-T, a última campaña a prol do voluntariado de Caixa Galicia, que incluíu AMO como banda sonora. A canción acompaña, en accións de rúa qeu xirarán polas cidades máis importantes de Galicia, a unha curiosa instalación. Para a axencia de comunicación que se encargou da campaña, "a canción veunos como anel ao dedo: semella que lla tivesemos pedido facer". Para ver o vídeo, pincha no botón de abaixo.

|
|
|
Axenda: Silvia Penide e Som do Galpóm. Dobre cita coa música en directo esta semana
20/04/09
Xoves 23
SILVIA PENIDE – Palma de Mallorca, Assaig
Venres 24
SOM DO GALPÓM – Gernika (BI), sala Musutruk
Sábado 25
SOM DO GALPÓM- Oviedo, Fnac Principado
Xoves 30 de abril
THE HOMENS, La Fábrica de Chocolate, Vigo
Venres 1 de maio
SILVIA PENIDE, La Boca del Lobo, Madrid
SOM DO GALPÓM, Fnac Vilanova de Gaia (pt.)
Sábado 2 de maio
SILVIA PENIDE, La Oveja Negra, Segovia
SOM DO GALPÓM, Fnac St. Catarina, Porto (pt.)
SOM DO GALPÓM, Fnac Matosinhos (pt.)
Venres 8 de maio
SOM DO GALPÓM, Festa da Mocidade/ Lingua de Fene
NARF, Sala TUNK, Irún (Gipuzkoa)
Sábado 9 de maio
NARF, Sala Wirppoorwill, Oviedo

|
|
|
Queres máis motivos para non ficar na casa?
14/04/09
Mércores 15
SILVIA PENIDE – Fnac Braga (pt)
Xoves 16
SILVIA PENIDE– Fnac Viseu (pt)
Venres 17
SILVIA PENIDE– City Come, Viseu (pt)
SEVIGNY – Sala Son, Cangas do Morrazo
THE HOMENS - Bar Liceum, O Porriño
SOM DO GALPÓM – Mardi Gras, A Coruña
Sábado 18
SILVIA PENIDE– Casa Viva, Porto (pt)
SOM DO GALPÓM- Centro Social Madia Leva, Lugo
NARF - Sala Cortijo El Cartero de Vejer, Cádiz
Domingo 19
SILVIA PENIDE– Fnac Coimbra (pt)
LIZGAIRO – Auditorio Vilagarcía de Arousa
NARF - La Boca del Lobo, Madrid

|
|
|
Lucía Rolle e Xulio Vázquez lévanse a maxia de 'Sevigny' até o Rincón del Arte Nuevo
23/03/09
Chega a Madrid un dos grupos de moda en Galicia, os coruñeses Sevigny (Lucía Rolle e Xulio Vázquez). Farao precedido do seu éxito de vendas en EEUU e noutros países de ámbito anglosaxón despois de incluír un dos seus temas, When the Stars Go Blue, na banda sonora da serie de éxito Privileged.
O concerto, en formato acústico –onde o grupo se move con esquisita naturalidade- está enmarcado dentro do ciclo Ellas Crean, e será este xoves 26 de marzo a partires das 22.00 horas no madrileño Rincón del Arte Nuevo.

|
|
|
Tres novas citas coa música en directo
16/03/09
Os grupos de Falcatruada non paran de tocar nin unha soa semana. Empezando polo mércores e acabando a fin de semana... estas son as nosas propostas:
- Mércores 18:
Som do Galpóm (+Holywater +Twenty Fingers +Septiembre) Facultade de Informática do Campus d'A Coruña. Dende as 21:00 horas. San Pepe 09
- Venres 20:
Vaamonde, Lamas e Romero - San Sebastián de los Reyes (Madrid). 21.00 horas
- Sábado 21:
The Homens - Sala Babel (Lugo). 23.30 horas
_ |
|
|
Escoita un pequeno adianto de 'Em Terra de Ninguém', o álbum debut dos Som do Galpóm
03/03/09
''Quedamos nesa praza'. Así se chama o primeiro corte de Em Terra de Ninguém, o primeiro traballo que os gañadores do Nsaio no Camiño, Som do Galpóm, poñen á venda o vindeiro día 17 de marzo.
"Algúns dos temas máis presentes no disco son unha reflexión á volta da realidade cotiá que compón o noso día a día, ou unha forte apoloxía da infancia, o período da inocencia que, no caso de Som do Galpóm, estivo moi unido aos xogos na súa aldea", afirma Gael de Esteban, o frontman dos d'A Moniña. I este é o caso, precisamente, deste tema que xa podes escoitar no noso reprodutor.

|
|
|
Rosalía de Castro volta a Santiago cun espectáculo en clave de jazz contemporánea
16/02/09
O espectáculo Rosalía21, no que as voces de Anxo Angueira e Guadi Galego revisan os textos máis reivindicativos da poetisa con arranxos ao piano de Abe Rábade, chegará o vindeiro 26 de febreiro a Santiago de Compostela.
Logo de debutar na Feira Internacional do Libro da Habana do ano pasado, e con Pablo Milanés como padriño de excepción, Rosalía21 volta á actualidade no que será o seu debut en Galicia.

|
|
|
Axenda de Concertos para esta semana
25/02/09
Xoves 26_
Vaamonde, Lamas e Romero. E.U. Maxisterio. Lugo.
Rosalía 21. Teatro Principal. Santiago de C0mpostela.
Venres 27_
Nordestin@s. Expocoruña. A Coruña.
The Homens. Pub El Ensanche. Vigo.
Sábado 28_
Lizgairo. Centro Cultural Caixanova. Vigo. |
|
|
Few Days Later presenta este sábado 17 'Your Voice is my Intoxication' na Fnac d'A Coruña
12/01/09
Estes catro rapaces de Lugo foron os gañadores do Concurso de Maquetas 100Pipers Music do ano pasado, e agora presentan o resultado do premio: o seu álbum debut Your Voice is my Intoxication, gravado nos estudos Abrigueiro. Catorce temas cheos de forza que supoñen a súa carta de presentación no panorama independente galego.
A presentación terá lugar na Fnac d'A Coruña, este sábado 17 de xaneiro a partires das 19.30 horas. A entrada é gratuíta.

|
|
|
Os composteláns Som do Galpóm editarán na primavera o seu novo disco con Falcatruada
25/11/08
Os composteláns Som do Galpóm gravarán o seu primeiro Lp na primavera de 2009. Será da man de Falcatruada, discográfica coa que veñen de aunar esforzos para que podamos escoitar toda a forza que atesoura este quinteto d’A Moniña (Ames, SdeC). Unha banda que vai do funk ao rap e do rap ao reggae. Pero sen casar con ningún dos tres estilos: máis ben, facendo unha mestura orixinal e propria.
Con esa receita caseira foi coa que chegaron á final do GZcrea do 2007, ao primeiro posto do IV Concurso da Foundation Reggae Festival, e a gañar, en setembro de 2008, a segunda edición do certame musical Nsaio no Camiño… amáis de ofrecer máis dun cento de concertos durante este tempo. A partires da primavera de 2009, Som do Galpóm percorrerán a península Ibérica nunha xira da que xa hai un bo feixe de actuacións pechadas.

|
|
|
Som do Galpóm comezan, cos petos cheos de música, a gravación no estudo 'Casa de Tolos'
08/01/09
Os gañadores da última edición do concurso Nsaio no Camiño, Som do Galpóm, xa teñen un bo feixe de temas listos para meterse, desde este venres 9 de xaneiro até o vindeiro día 23, nos estudos Casa de Tolos de Segundo Grandío para gravar as cancións do seu primeiro álbum.
O quinteto d'A Moniña ten previsto comezar a amosar a súa música en directo dentro da programación da Rede Galega de Música ao Vivo. Visita o seu myspace para non perder detalle das novidades do grupo.

|
|
|
Silvia Penide converte o Rosalía nunha festa de aniversario con moitos agasallos musicais
18/12/08
Unha festa. Foi o que se vivíu no herculino Rosalía de Castro este mércores coa celebración dos dez anos de Silvia Penide no mundo da música. Nun marco incomparable, a de Meicende e a súa banda debullaron os temas de Desafinante Crónica e moitas das cancións que a deron a coñecer ao grande público, como Mi Rompecabezas ou Reventaba, coas que logrou a complicidade do público.
O acto tivo á propia Silvia Penide como condutora de excepción, e acadou momentos realmente emotivos coa aparición sobre o escenario do acordeonista Víctor Iglesias ou da violinista Nuria Naya.

|
|
|
Preto de duascentas localidades vendidas de antemán para o concerto de Nadal no Rosalía
12/12/08
A venda de entradas anticipada para o concerto que Silvia Penide ofrecerá este vindeiro mércores 17 no Teatro Rosalía Castro d'A Coruña vai a un excelente ritmo: preto de duascentas localidades xa foron retiradas na taquilla do propio auditorio, no quiosco da praza de Ourense ou a través de Servinova, o servizo de venda de entradas on line. O prezo das mesmas é de 6, 9 e 12 euros dependendo do lugar escollido dentro do teatro.
E, namentres o concerto non chega, Silvia Penide atende os medios de comunicación galegos animando a que a cita na que celebra dez anos de carreira se convirta nunha grande festa. Se queres saber as impresións previas de Silvia perante o concerto, preme no botón.

|
|
|
Remata o Cultur.Gal, a festa das industrias culturais galegas, con grande éxito de público
12/12/08
Máis de 14.000 persoas pasaron polo Palexco d'A coruña do 4 ao 7 de decembro para acudir á cita coas industrias culturais do país, o Cultur.Gal. E o que puideron observar alí non defraudou a ninguén: actividades coma a presentación de Vellas Artes, do trío Vaamonde, Lamas e Romero (ver vídeo), showcases profesionais coma os que ofreceron Sevigny ou The Homens, e mesmo programas en directo coma oExtrarradio, conducido por Belén Regueira, e que contou, entre os seus invitados, coa presenza de Silvia Penide (ver vídeo).
Os visitantes tamén puideron coñecer máis de preto a actividade de Falcatruada, que estivo presente na feira cun stand de seu, e mesmo achegarse á súa música por medio do seu recompilatorio de 2008.

|
|
|
Conta atrás para o concerto do Rosalía Castro
02/12/08
A sala Contrabajo de Vigo pechou, esta fin de semana pasada, a xira de concertos acústicos coa que Silvia Penide quixo agasallar os seus seguidores antes do peche dun ciclo, o mércores 17 de decembro no teatro Rosalía Castro d’A Coruña. Madrid, Carballo, Lugo, Ferrol, Ourense, Vila Real… citas en formato acústico que confirmaron o grande tirón que posúe a artista coruñesa. Dende este momento, Silvia Penide atópase preparando a grande cita do Nadal no local de ensaio.
Un concerto, o do Rosalía Castro, no que celebrará dez anos enriba dos escenarios. As entradas xa están á venda na propia taquilla do teatro (de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas), no quiosco da praza de Ourense d’A Coruña e, de non poder desprazarte até a cidade herculina, a través de Servinova, o servizo de venda de entradas de Caixanova.

|
|
|
Santiago de Compostela e A Coruña: dúas citas para ver a nova proposta ao vivo de SEVIGNY
02/12/08
Vén de tocar no teatro García Barbón de Vigo con tres das voces femininas de maior actualidade internacional, actuou no restaurante Mari Castaña d’A Coruña para deleite de todos os comensais alí reunidos… e Sevigny continúa ofrecendo recitais especiais en lugares especiais. Desta vez, no Ultramarinos de Santiago de Compostela, o mércores 3 de decembro dende as 22.30 h e, á mesma hora pero unha semana despois, no Pub Dublín d’A Coruña, o mércores 10 de decembro.
I é que Lucía Rolle (voz e guitarra), Xulio Vázquez (batería e percusións) e Ric Morente (violín) queren demostrar ao vivo por que son unha das bandas con máis éxito entre os programadores de Clubtura. Se aínda non sabes os motivos, preme no seguinte vídeo para escoitar Collapse, ao vivo no teatro García Barbón de Vigo.

|
|
|
O mércores 26 póñense á venda as entradas do concerto de Silvia Penide no Rosalía de Castro
25/11/08
As entradas para o concerto que Silvia Penide ofrecerá o vindeiro 17 de Nadal no teatro Rosalía de Castro póñense á venda este mércores 26 de novembro. O prezo das mesmas é de 6, 9 e 12 euros e, polo momento, poderanse adquirir no remozado quiosco da praza de Ourense, n’A Coruña, ou a través do servizo de venda on-line de Caixanova.
Non perdas esta ocasión especial de ver ao vivo a Silvia Penide, un concerto no que estará arroupada polos músicos que a acompañaron nesta traxectoria e que será gravado en Cd/Dvd como material que acompañará o novo proxecto da cantante coruñesa.

|
|
|
Sevigny leva a súa aposta acústica ao ARTeria de Santiago de Compostela xunto a Luís Moro
11/11/08
A súa aposta polos concertos íntimos i especiais está causando sensación alá por onde vai. Se a pasada semana Sevigny actuaba en directo no Mari Castaña d'A Coruña nun concerto/cea onde adiantou as liñas mestras do que será o seu novo traballo discográfico [, esta semana trasládase até a ARTeria Noroeste de Santiago de Compostela (xoves 13, 21.00 horas) , sé da SGAE.
Alí, Lucía Rolle profundizará na súa nova proposta musical, en formato acústico e coa compaña de Xulio Vázquez (betería e percusións) e Ric Morente (violín). Pero, ademais, Sevigny estará acompañada dun grande músico e bo amigo: Luís Moro. Entrada xeral, 5 euros. Estudantes, socios da SGAE, etc... 4 euros.
Se queres ver o vídeo da súa actuación no Mari Castaña preme no seguinte enlace:

|
|
|
Falcatruada volta ao Womex baixo pavillón galego e da man de Narf e de X.M. Budiño
27/10/08
Un ano máis, e xa van tres, Falcatruada acode á Feira Internacional de Música WOMEX, que acolle en Sevilla [29/10 – 2/11] as avangardas musicais dos cinco continentes dentro do estilo World Music. Pero desta vez, a viaxe de Falcatruada presenta dúas gratas novidades. Por unha banda, a presenza ao vivo de dous dos mellores artistas da música galega contemporánea: Xosé Manuel Budiño e Fran Pérez, ‘Narf’, que actuarán o sábado 1 de na praza de España e no Teatro Lope de Vega respectivamente.
Por outro lado, Falcatruada acudirá por vez primeira baixo pavillón galego a un evento internacional: será no stand de Galiciantunes, a marca da música galega no exterior, un espazo no que estarán representadas cáseque unha vintena de empresas do país. Visita a web de Galiciantunes e non perdas detalle do que acontece en Womex.

|
|
|
Falcatruada acode con Xosé Manuel Budiño e Narf a unha nova edición do Womex de Sevilla
14/10/08
A derradeira semana deste mes (do 29 de outubro ao 2 de novembro) celébrase en Sevilla unha nova edición do Womex, a meirande feira internacional das músicas do mundo [para esta edición confirmáronse preto de 5.000 compañías]. E Falcatruada vai estar presente con dous dos seus artistas ao vivo: Xosé Manuel Budiño e Narf. Ambos actuarán o 1 de novembro, o primeiro deles na praza de España dende as 23.00 horas, e o segundo, xunto a Manecas Costa, dende as 0.45 no Teatro Lope de Vega.
Ese mesmo día, a música galega presentarase en rolda de prensa nun acto organizado ao abeiro da Consellería de Cultura, e no que se poderán coñecer as impresións dos Budiño, Narf ou Mutenrohi antes dos seus concertos dentro das actividades do Galiciantunes, a marca da música galega no exterior.

|
|
|
Axenda semanal da música ao vivo: Lizgairo, Narf, Xosé Manuel Budiño e The Homens
26/09/08
Apurando até o último momento. Así queren os artistas de Falcatruada darlle a benvida ao outono de 2008. I é que durante esta semana haberá catro actuacións ao vivo en diferentes lugares da nosa xeografía. Os máis madrugadores, Xosé Liz, Anxo Pintos e Rodrigo Romaní, Lizgairo: estarán no Fórum Metropolitano d’A Coruña o luns 22 dende as 21.00 horas coa súa proposta de música tradicional en clave instrumental.
Sen sair da cidade herculina, pero o mércores 24 ás 22.30 horas e no Palexco, Narf pechará un Congreso de Bibliotecas Públicas cunha actuación na que debullará algúns temas de Totem.
O xoves 25 é a quenda de Xosé Manuel Budiño, que tocará ao vivo n’O Porriño dende as 22.30 horas.
Por último, os encargados de clausurar esta semana de concertos serán The Homens, que o sábado estarán en Corcubión, un concerto no que compartirán escenario con Snatch.

|
|
|
O Totem de Narf sonará ao vivo en Vic
15/09/08
A aposta musical de Narf viaxa esta semana ata Catalunya: i é que na localidade barcelonesa de Vic celébrase, dende vai xa 20 anos, o Mercado de Música Viva, unha plataforma para presentar grupos, crear complicidades i espazos de cooperación e intercambio no marco dun evento único en todo o territorio español. Por alí pasan, durante catro días, preto de 1.200 profesionais, un cento de xornalistas especializados e máis de 100.000 espectadores, que disfrutan dos cáseque 80 concertos repartidos pola cidade.
A quenda de Narf será o venres 19 de setembro, na Plaça dels Mártirs de Vic, dende as 23.00 horas.

|
|
|
Unha revisión da poesía de Rosalía de Castro en clave de jazz: xa está á venda ROSALÍA 21
11/03/08
Unha revisión dos textos de Rosalía de Castro en clave de jazz. Un proxecto musical que supón un sopro de aire fresco para a música galega… e tamén para a poeta galega máis universal. Isto é Rosalía21 (falcatruada 08), un disco que xira en torno ás notas do Abe Rábade Quartet, e no que Guadi Galego e Anxo Angueira poñen as súas voces ao servizo dos poemas de Rosalía. Un proxecto revolucionario que, dous séculos despois, dá unha visión contemporánea da poeta e reivindica os seus textos máis inxustamente esquencidos.
A presentación, perante case un milleiro de persoas, foi o pasado 18 de febreiro no Teatro Mella de La Habana, a música de Rosalía 21, daquela cun convidado de excepción: o cubano Pablo Milanés.

|
|
|
O concerto acústico de Compostela gravarase para incluír no novo álbum de Silvia Penide
05/09/08
Este mércores 10, Silvia Penide volta aos escenarios despois da xira de presentación de Desafinante Crónica. Pero desta vez será nunha cita algo máis especial que de costume, máis íntima: un concerto acústico, ao que acudirá soa coa súa guitarra e un acompañamento de percusión, na ARTeria Noroeste, edificio que alberga a sé da SGAE en Santiago de Compostela (Rúa Salvadas 2, a partires das 21.00 horas, billete, 5 €).
O concerto vaise gravar para incluír como material audiovisual no seu vindeiro álbum. Por este motivo, o aforo é limitado así que, se pensas acudir, aconséllase facelo con certa antelación. As entradas por anticipado están á venda en Caixa Galicia ou no teléfono 902.434.443.

|
|
|
HOME, o mellor disco de folk do ano 2007
04/02/08
Un ano despois do recoñecemento de Nordestin@s (falcatruada 06) como mellor disco folk do ano, outro artista da nosa casa é quen de merecer o sétimo galardón Premios Opinión: trátase de Home, o novo álbum de Xosé Manuel Budiño, quen se converte pola súa banda no primeiro artista en acadar por segunda vez o distintivo do xornal coruñés (xa o fixera hai tres anos con Zume de Terra).

|
|
|
Os The Homens, na Parrockcheira de Ferrol
05/09/08
The Homens voltan a Ferrol, desta vez para participar nas festas da Parrocheira, no Ferrol Vello. Aos Roi, Xocas e Martin tocaralles lidiar, o venres 12, cos seus veciños composteláns Samesugas e con Royalties. Os concertos comezarán ás 22.00 horas no Peirao de Ferrol dentro da chamada Parrockcheira.

|
|
|
Concerto por partida dobre esta fin de semana
26/08/08
Non hai escusas que vallan para non ver ao vivo un dos mellores músicos do panorama musical galego, o compostelán Narf, acompañado dunha non menos excepcional banda de músicos: esta fin de semana 'Narf' estará no parque Raíña Sofía de Ferrol con motivo das festas locais, e farao acompañando a Deluxe. O concerto é gratuíto.
Ao día seguinte, e dentro do Festival dos Abrazos que se celebra en Santiago de Compostela, interpretará ao vivo algúns dos temas do espectáculo Aló Irmao, que comparte co guineano Manecas Costa.

|
|
|
A música que non cesa... no mes de AGOSTO
05/08/08
Galicia enteira vive de festa en festa. E, con permiso das exaltacións gastronómicas, agosto é, por antonomasia, o mes da música ao vivo. Os artistas de Falcatruada non poderían ser menos, e tamén queren deixar a súa pegada no calendario musical: desde A Coruña a Mozambique, de Cáceres a Ferrol, de Vigo a Ribadeo… o que vos ofrecemos a continuación é unha pequena guía musical para disfrutar da mellor música en todos os estilos feita no país. Non perdas ocasión de botar un baile.
Venres 29
Loretta Martin
Miño. Playa Grande. + The Blows + Heissel + Los Suaves
Xosé Manuel Budiño
Festival Folk de Plasencia. Cáceres.
Sábado 30
Narf
Ferrol. Parque Raíña Sofía. + Deluxe
Domingo 31
Narf
Santiago de Compostela . Festival dos Abrazos.
+ Manecas Costa

|
|
|
Silvia Penide cólase nos móbiles de 'R'
08/07/08
O andar wap da operadora galega de telefonía 'R' inclúe a Silvia Penide coma a artista destacada durante todo este mes de xullo. É dicir, que toda a súa música, o vídeoclip de Reventaba e diverso material gráfico está ao dispor a través do servizo wap dos teléfonos móbiles da compañía.
Ademais, a Revista que 'R' distribúe gratuítamente entre todos os seus abonados para coñecer a programación destaca unha entrevista con Silvia Penide (que podes ver AQUÍ). No estrictamente musical, Silvia Penide segue a pechar actuacións para despois do verán. Consulta todas as datas na súa páxina web.

|
|
|
Axenda de CONCERTOS para o mes de XULLO
15/07/08
Ao longo do mes de xullo, moitos son os músicos que estarán de xira por diferentes puntos de Galicia. Velaquí a proposta de Falcatruada para este mes:
Xosé Manuel Budiño
sábado 19 - O Grove - Praza do Corgo (22.30 h)
xoves 24 - Compostela - Pazo de Congresos
sábado 2 (ago) - Salvaterra do Miño (23.00 h)
Loretta Martin + Narf
sábado 19 - Sárria - Esp. Ao Pé da Letra
2uS
xoves 24 - A Ramallosa - O Clandestino (23.00 h)
|
|
|
As notas de Home, dende o norte de Italia ao Grove pasando polo festival Cultura Quente
09/07/08
Non dá feito o gaiteiro de Moaña nos meses de verán. Este mércores 9 actuará na cidade italiana de Monlué, moi preto de Milán, celebrando a Noite de San Lourenzo nun dos festivais de música celta máis importantes que se celebran no país transalpino, o de Cascina Monlué. E nada máis rematar, Xosé Manuel Budiño prepara as maletas para achegarse a unha das citas musicais do verán en Galicia: o festival Cultura Quente de Caldas de Reis, onde asiste para acompañar a Xoel López, Deluxe, o sábado 12.
A vindeira cita do gaiteiro, desta vez coa súa banda habitual, será o 19 de xullo no Grove, onde agarda colleitar o mesmo éxito de público que a pasada fin de semana en Vilagarcía. Ademais, poderémolo ver na gala que se emitirá o 24 de xullo pola TVG. Consulta as datas dos seus concertos na súa web.

|
|
 |
Loretta Martin, a Sárria co 'Ao pé da letra'
19/07/08
Loretta Martin viaxan até a localidade luguesa de Sárria para participaren no Ao Pé da Letra, un evento que pretende reunir as propostas musicais i escénicas máis innovadoras ao redor da palabra en Galicia, e dando prioridade aos traballos máis comprometidos coa linguaxe na música popular contemporánea.
A cita será o sábado 19 de xullo en Sárria, mentres que ao longo das seguintes semanas iremos sabendo máis sobre os concertos que a banda coruñesa ofrecerá durante o mes de agosto. Toda a info, na súa web.

|
|
|
Falcatruada súmase ás celebracións do Día da Música Independente en todo o mundo
04/07/08
Hai unha nova data no calendario para enmarcar, o 4 de xullo, Día da Música Independente. Trátase dunha iniciativa da Asociación Internacional de Produtoras Independentes (WIN), na que Falcatruada participa activamente a través da súa socia española, a Unión Fonográfica Independente, UFI.
A efeméride quere chamar a atención sobre a importancia económica, social e cultural do gran tecido de PEMES que conforman esa "outra" industria musical, a que apoia o 80% dos novos lanzamentos discográficos e que dá traballo a milleiros de persoas en todo o mundo. Así, nuns tempos xa de por si difíciles e que requiren dunha presencia global, as empresas multinacionais exercen ademais unha posición hexemónica, impedindo e dificultando o noso acceso xa non só aos espazos de venda e escoita tradicionais, senón ás novas canles coma a Internet.
Unha data, en definitiva, para simbolizar todo o traballo que as produtoras independentes, coma Falcatruada, están desenvolvendo para manter a diversidade musical e cultural, así como para preservar os dereitos dos músicos de base. Se queres saber a programación da WIN e da UFI para este día, visita a súa web.

|
|
|
As notas do gaiteiro de Moaña, por Italia
27-28/06/08
Nas últimas semanas foi a imaxe máis visíbel da candidatura viguesa á Universíada do 2012. Pero agora, o gaiteiro de Moaña volta aos escenarios… e para iso vai marchar até a rexión italiana de Lombardía, onde se celebran dous dos meirandes festivais celtas do país trasalpino.
O venres 27 abrirá o Festival de Música Celta de Ostiano, un evento que xa vai pola súa undécima edición e que ten lugar no Castelo Gonzaga.
Un día despois, o sábado 28, estará na localidade de Tréscore Balneario, emprazada na mesma rexión do norte italiano a poucos quilómetros de Milán.

|
|
|
The Homens, ao vivo nas festas de Ourense
26/06/08
Son tres. De Compostela. E saben darlle ao pop coma ninguén neste país. Se a fin de semana acompañaban ás Charades por Vigo e Ferrol, este xoves 26 The Homens cambian de aires e recalan Ourense para animar as festas patronais da cidade das Burgas. Será na Praza Maior, dende as 22.00 horas dentro do ciclo de músicas galegapoloscincocostados

|
|
 |
Escoita Lizgairo en Discópolis, de Radio3
25/06/08
Lizgairo viaxa este mércores a Madrid para presentar Diacronías en diversos medios de comunicación. Unha das entrevistas que poderás escoitar será a que concedan no programa Discópolis que conduz José Miguel López en Radio 3: o martes 25 na franxa horaria habitual do programa, de 14.00 a 15.00 horas.

|
|
 |
Loretta Martin fan balanzo de seis meses e máis de 10.000 quilómetros de "Paraíso Tour"
11/06/08
Fran Sanz, baixo e chofer da furgoneta de Loretta Martin, cóntanos as anécdotas e as experienzas de máis de 10.000 km. de xira por toda Galiza: dende o 21 de decembro que debutaron no Rock and Roll d’A Coruña, o trío tocou ininterrompidamente todas as semanas por todos os recunchos de Galicia. Ademais de recoñecer que non teñen fronteiras estilísticas nin xeográficas, Fran Sanz adiántanos que, durante os concertos que ofrecerán nos festivais de verán irán adiantando moitos dos temas que formarán parte do seu segundo álbum de estudo.
Se queres ler a entrevista completa a Fran Sanz, preme no botón e descárgaa en .pdf.

|
|
|
The Homens triunfaron en Alemaña, e agora voltan ao vivo con Charades en Vigo e Ferrol
20-21/06/08
Triunfaron en Alemaña, onde deron dous concertos a pasada semana nas cidades de Trier e Tübingen respectivamente. E, coa carrinha, de volta ao vivo. Pero desta vez non serán só Martin, Xocas e Roi quen dean a nota. Con eles estarán Isa, María, Coki e Guille. Ou o que é o mesmo, Charades, que veñen presentar o seu segundo LP “En Ningún Lugar” (Bcore).
As dúas bandas compartiron estudo este verán para producir os seus respectivos álbumes, Ultramarinos Costa Brava de Santi García, e agora veñen tamén coa súa peculiar oferta de Pop. O ácedo power pop dos composteláns fronte ao pop-rock cósmico das Charades, unha proposta delicada colmada de coros esquisitos, pensamentos e ideas de bo gusto. Non os perdas esta fin de semana ao vivo en:
–venres 20 - La Fábrica de Chocolate- Vigo - 22.30 h-
–sábado 21 - sala Run Rum- Ferrol - 22.30 h-
(A entrada para cada concerto custa 8 €)

|
|
 |
"Aló irmão": Narf e Manecas Costa téndennos pontes culturais a través das súas guitarras
13/06/08
O espectáculo "Aló irmão" é o encontro criativo dun dos músicos máis sorprendentes de Galiza, Fran Pérez “Narf”, co gran guitarrista e cantante africano Manecas Costa. Dous "cancionistas", como gostan de chamarse, que se xuntan para atopar o punto de equilibrio entre dúas personalidades de profunda identidade, e tender novas pontes entre dous universos culturais destinados a entenderse.
O potente latido africano de Manecas Costa xúntase ao incansable espírito aventureiro de Narf, e da faísca xorde un regueiro de cancións compostas ca harmonía dos que queren entenderse, e celebrar con alegría a diferenza. Dous cantantes e dúas guitarras son todo necesario para dar forma a esa voz que fala directamente ao corazón, en galego, en crioulo, en portugúes, en machopi ou en inglés... O espectáculo "Aló, irmão: ónde é que nos imos atopar?" terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela o venres 13 dende as 21.00 horas.

|
|
 |
Silvia Penide visita Madrid coas emocións na maleta... e tamén coa compaña da súa banda
05 /06/08
O foro da súa web encheuse de emocións e de agradecementos despois do último concerto en Ourense. I é que un concerto de Silvia Penide non deixa indiferente… nin aos que chegan por casualidade. Esta semana ten a oportunidade de refrendar estas espectativas no Auditorio Julio Cortázar de Madrid [Antonio Machado, 20. Metro: Antonio Machado - Valdezarza. Bus: 64, 82, 132, 127], onde estará ao vivo este xoves dende as 20.30 acompañada da súa banda. A entrada é libre até completar aforo.
Despois de facer unha xira de presentación do seu Desafinante Crónica (falcatruada 07) por todo o estado -máis de 50 concertos de norte a sur da península-, Silvia Penide prepárase agora para levar as súas historias por auditorios e teatros de toda a xeografía estatal. Consulta as datas dos seus concertos na súa páxina web.

|
|
 |
Silvia Penide, ao vivo na cidade das Burgas
31 /05/08
De volta de Portugal, onde ofreceu cinco concertos a semana pasada en diferentes Fnac’s do país veciño con moito agarimo do público, Silvia Penide retorna ao vivo a Ourense, onde tocará dentro do Circuíto 4x4 da Xunta de Galicia. Será no Auditorio Municipal de Ourense (Rúa Canle, 2) o sábado 31 a partires das 20.30 horas. Silvia estará acompañada, como xa vén sendo habitual nos seus concertos por Galicia, da súa banda, composta por Alejandro Masafret ao baixo, Marcos Yáñez á batería, e Serxio Moreira nos teclados

|
|
 |
Xosé Manuel Budiño apoia en Bruxelas a candidatura viguesa a ser sé da Universiada
31 /05/08
O gaiteiro de Moaña estará o sábado en Bruxelas prestando o seu apoio á candidatura viguesa á Universiada. I é que os membros da delegación encargada de decidir a sé dos vindeiros xogos quedaron moi impresionados coa actuación de Xosé Manuel Budiño durante a súa estadía na cidade olívica.

|
|
|
Silvia Penide pecha en Portugal a xira de presentación do disco Desafinante Crónica
20/05/08
Leva case medio cento de concertos ás súas costas, contando as historias e rescatando as notas de Desafinante Crónica (falcatruada 07). A viaxe comezou en Madrid, alá por outubro do ano pasado, na sala Costello. Esta semana péchase a xira de presentación do terceiro disco e será fóra da casa: dende o martes 20 até o próximo sábado, Silvia Penide tocará ao vivo nas salas do Fnac máis importantes do norte de Portugal: na do Porto, esta noite desde ás 22.00 (as 23.00 en Galicia), en Viseu, Braga, Vila Nova de Gaia e Coímbra respectivamente, e sempre á mesma hora.
Silvia Penide seguirá ofrecendo concertos a partires de finais de maio, ben dentro da programación do 4x4 da Xunta de Galicia, coma en solitario por teatros e auditorios de todo o estado.

|
|
 |
Power Pop no Manguelo Mestizo na compaña d'O Som do Galpom e da Banda Potemkin
23 /05/08
Demostraron na Alameda compostelá que son unha das bandas máis en forma do panorama galego, e que enriba dun escenario saben como facer bailar a xente. Este venres, The Homens queren repetir sensacións no festival do Manguelo Mestizo, na parroquia estradense de Orazo, a partires da medianoite. Roi, Martin e Xocas compartirán protagonismo con O Som do Galpom e coa Banda Potemkin. Máis info sobre o festival, aquí.
Do Manguelo, The Homens voltan a Santiago de Compostela para presentaren, canda os Samesugas, o festival Rock en Costa 2008. Será no Centro Social do Castiñeiriño o sábado 24. Máis info, na súa web.

|
|
 |
Silvia Penide sae de xira por Portugal: cinco días, cinco Fnacs... e Reventaba, en Cans (PO)
14 /05/08
Apenas unha semana de descanso despois de tocar perante os seus veciños de Arteixo, e Silvia Penide volve saír de viaxe polo mundo adiante… e coa guitarra debaixo do brazo. Desta vez, cinco concertos en Portugal: de martes a sábado percorrerá Porto, Viseu, Braga, Vilanova de Gaía e Coímbra tocando nas diferentes tendas Fnac, todos os días a partires das 22.00 horas (as 23.00 horas en Galicia).
Por outra banda, o vídeoclip de Reventaba participará no Concurso de Vídeoclips do Festival de Cans (Pontevera). Será o xoves 22 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, dende as 23:00 horas e conducido por Miguel Fernández, presentador de Miraxes (TVG).

|
|
|
O power pop de The Homens visita a sala Ogmios de Cariño á medianoite do venres 9
09/05/08
Galicia fica a raias: i é que cando The Homens, que veñen de facer público o vídeoclip de Calamar, soben ao escenario, é momento de bailar. Esta fin de semana, a cita cos de Compostela está en Cariño (A Coruña), o venres 9 na sala Ogmios pasada a media noite. A entrada custa 3€.
Podes consultar todos os concertos da banda na súa páxina web. Para ver o vídeoclip de Calamar, preme no botón.

|
|
|
The Homens pásanse á dimensión dos debuxos animados no vídeoclip de 'Calamar '
29/04/08
The Homens abren definitivamente a lata do Calamar: despois de 30 concertos presentando TRES (falcatruada 07) polo mundo adiante... e o que queda!, Roi, Martin e Xocas mergúllanse na dimensión do debuxo animado e presentan o vídeoclip oficial de CALAMAR, unha obra conxunta de Roi Fernández e de Isaac Cordal, da Fundación Intemperie.
Na realización do vídeo investíronse dous meses de intenso traballo manual [cada movemento de cabeza de Martin implicou un mínimo de 15 debuxos], “máis de 700 ilustracións a base de rotring, coloreado e escaneado, e moita ilusión para completar os cáseque tres minutos de vídeoclip”, segundo o creador Roi Fernández.
“Calamar”, na súa curta vida, xa foi finalista do Musiclip, un certame de vídeos musicais que ten lugar en Cataluña e que premia as iniciativas máis orixinais no eido audiovisual .

|
|
 |
As entrevistas de Silvia Penide en tv, na rede
29/04/08
Silvia Penide xa ten un novo lugar de encontro na rede: é a través da entrevista que a cantante coruñesa ofreceu no programa “La Vida en Rosa” de Ana Belén Burgos, un espazo líder de audiencia que se emite na canle Telecorazón, dedicada en exclusiva á crónica social e á prensa do corazón a través da plataforma ONO e Mediapro. A entrevista foi concedida durante a presentación de Desafinante Crónica en Madrid, e nela podes achegarte máis polo miúdo á vida de Silvia, ao seu modo de ver as cousas… e mesmo hai dúas cancións ao vivo. Pincha aquí para ver o vídeo.
Por outra banda, Silvia Penide toma un descanso de viaxar. Pola contra, a cantante de Meicende prosegue a súa xira de concertos e a vindeira semana actuará perante o seu propio público. Máis info, na súa web.

|
|
|
Narf presenta o seu disco TOTEM cunha xira de concertos por Galicia: Compostela, Lugo ...
23-24 /04/08
Un tótem é un faro para os navegantes da terra. E Narf navegou, abofé: A música de TOTEM (falcatruada 07), que se presenta por vez primeira ao vivo en Compostela [mércores 23 de abril, Teatro Principal, 21.00h], xa paseou por Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Cuba, Inglaterra, Portugal… e de todos eses lugares foi recollendo influenzas sonoras en forma de flamenco, bossa, jazz e rock and roll.
Na xira de presentación de TOTEM, Fran Pérez (voz e guitarra) estará acompañado pola súa banda: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo). Con eles pasará tamén por Lugo [xoves 24, facultade de Veterinaria, 21.00h], Ourense [mércores 30 de abril, Auditorio Municipal, 20.30h] e Arteixo [30 de maio, Centro Cívico e Cultural] dentro da programación 4x4.

|
|
 |
Dupla cita co pop enerxético de The Homens
25-26/04/08
Galicia enteira debece por escoitar “un dos directos máis enerxéticos do panorama musical” e The Homens, ben agradecidos –mesmo agrazados-, non queren defraudar: esta fin de semana, toda a forza do TRES (falcatruada 07), por partida dobre. O venres 25 de abril estarán no bar Liceum d’O Porriño dende as 23.00 horas, e para o sábado subirán até Cedeira, onde tocarán na sala Universal a partires da media noite. Mentres, Projecto Mourente anda a facer versións do Non Podo Máis, e Roi, Xocas e Martin, ben agradecidos, algo argallan…

|
|
|
Un novo destino para o Desafinate Crónica de Silvia Penide: desta vez... ao vivo en Euskadi
15 /04/08
Silvia Penide colleulle gusto a isto de viaxar. Tanto que, á súa volta de Madrid –onde gravou o tema "No sé Soñar" para unha campaña da OIT contra a explotación infantil xunto a bandas coma Ojos de Brujo, Ari…- a artista coruñesa viaxa agora até Euskadi. E alí, a percor a súa xeografía de arriba abaixo, xa que tocará ao vivo nas tres cidades máis importantes:
- Fnac de Bilbo, o xoves 17 ás 19.00 horas.
- Bar Menfis de Vitoria-Gasteiz, o venres 18.
-
Fnac de Donostia o sábado 19 dende as 19.00 horas.
Por outro lado, xa podes ver no myspace ou na súa web a entrevista que lle fixeron en esMadridTv, un canal temático que ofrece toda a actualidade madrileña, a Silvia Penide.

|
|
 |
Loretta Martin quece motores para a volta á Mardi Gras, onde presentou Paraíso Distante
15/04/08
O 30 de marzo de 2007, Loretta Martin presentaban na Mardi Gras de A Coruña –de onde son oriundos os seus tres integrantes- o disco Paraíso Distante (falcatruada 07). Pouco máis dun ano despois, e con máis de corenta concertos ás súas espaldas, Fran, Iago e Brais volverán pisar o mesmo escenario… pero con moitas máis táboas. Será o sábado 26, na mítica sala da Travesía da Torre, e dentro da xira Paraíso Tour, na que non descansarán até o mes de maio .

|
|
|
Xosé Manuel Budiño é o cabeza de cartaz do festival Intercéltico de Porto xunto aos Beoga
12 /04/08
O XVII Festival Intercéltico d’O Porto, o máis importante do país veciño, terá a Xosé Manuel Budiño como cabeza de cartaz. O festival celebrarase os días 11 e 12 de abril con senllos concertos dobres no remodelado Cinema Batalha, con capacidade para preto de 1.100 espectadores. A cita co gaiteiro de Moaña será o sábado 12 de abril a partires das 21.30 horas (fuso portugués), teloneado polos madeirenses Encontros da Eira, grupo tradicional que recolle e conserva os usos e costumes da rexión autónoma de Madeira. O Intercéltico abrirase o venres cos portugueses Galandum Galundaina e os Beoga.
Ademais, a música de Xosé Manuel Budiño sonará nun especial do programa Mapamundi, de Radio Círculo, que se emitirá na radio pública de Bélxica. Máis info, premendo no botón.

|
|
 |
Xosé Manuel Budiño, no teu móbil... con R
01 /04/08
Durante todo este mes de abril, o disco Home (falcatruada 07) de Xosé Manuel Budiño ocupará a sección destacada do novo portal wap de R, como xa fixera anteriormente o compostelán Narf. Isto quere dicir que existirá unha promoción especial arredor do gaiteiro de Moaña nos distintos medios de R, tanto na revista de abonados, na web, etc. O contido de Budiño na principal operadora galega será de 4 tons para móbil, cinco fondos e un vídeoclip. Máis info, aquí.

|
|
 |
Dobre cita co Paraíso Tour esta fin de semana
11-12 /03/08
De novo, dobre cita co Paraíso Tour dos Loretta Martin: o venres 11, na sala Baranda d'O Barco de Valdeorras (Ourense) a partir da media noite. Nada máis acabar, os instrumentos de novo á furgoneta e camiño de Carral (A Coruña), onde tocarán ao vivo o sábado 12 na sala The Star dende as 23.30 horas. Se queres saber as datas da xira, consulta a súa web.

|
|
 |
Loretta Martin, no Galifunk Fest de Santiago
03 /03/08
De festival en festival. Así vai o Paraíso Tour dos Loretta Martin, que pasou hai unha semana polo Festival do Sar de Padrón, e agora remonta o río para participar no Galifunk Fest, un evento no que participarán bandas como Moon Cresta, The Sweat! e os propios Loretta Martin. Será este xoves 3 de abril na sala Nasa de Santiago de Compostela, dende as 21.30 horas e coas entradas a un prezo de 6€.
Se queres saber onde tocarán -lembra que, de aquí a maio, cada semana actuarán nun lugar diferente da xeografía galega-, consulta a súa páxina web.

|
|
|
Silvia Penide, de xira por Andalucía... e comprometida contra a explotación infantil
26 /03/08
Silvia Penide toca esta semana por soleares: se onte daba un concerto no Fnac La Cañada de Marbella, o resto da semana parará por Almería, Granada, Sevilla e Cádiz, unha xira por Andalucía na que a cantante coruñesa segue a presentar os temas do seu Desfinante Crónica (falcatruada 07) por todos os recunchos da península. I é que despois do seu paso por Andalucía, Silvia Penide viaxará até Barcelona, onde tocará ao vivo no Fnac Diagonal Sur e no bar Astrolabi (3 e 4 de abril respectivamente), e até a Euskadi (concertos en Bilbo, Gasteiz e Donosti).
Porén, Silvia Penide tamén é noticia alén da súa xira: o vindeiro 11 de abril gravará nos estudos da SGAE en Madrid un tema orixinal para a campaña “Con letra pequeña”, un proxecto da Organización Internacional do Traballo contra a explotación infantil. A canción formará parte dun recompilatorio benéfico con contribucións dun bo feixe de recoñecidos artistas.

|
|
 |
CONCERTOS para o que queda de MARZO...
26 /03/08
Aínda que estamos a piques de rematar, aínda podes anotarte un tanto e ir aos concertos de...
-xoves 27, SILVIA PENIDE, Granada (La Tertulia)
-xoves 27, X.M. BUDIÑO, Ourense (Auditorio)
-venres 28, LORETTA MARTIN, Padrón
-venres 28, SILVIA PENIDE, Sevilla (Fnac)
-sábado 29, SILVIA PENIDE, Cádiz (café Pay Pay)
-sábado 29, X.M. BUDIÑO, Pontevedra (CC Caixanova)
-sábado 29, LORETTA MARTIN, Ferrol (sala Run Rum)
Podes consultar todos os detalles e o resto das datas no myspace de Falcatruada .

|
|
|
Puro-Pop no Salón Parroquial (Ponteareas)
15/03/08
Martin, Xocas e Roi están que non paran. A música de TRES (falcatruada 07) pasou xa por media Galiza e, desta vez, paran en Ponteareas: a cita co directo destes tres composteláns é o sábado 15, no Salón Parroquial a partires da media noite. Unha nova oportunidade para descubrir por que The Homens está considerado un dos mellores grupos en directo do noso país. Consulta todas as datas na súa páxina web oficial.

|
|
|
A travesía trasoceánica de Narf: dende La Habana até Recife ou a "Queima do Judas"
11/03/08
A música de Tótem (falcatruada 07) bebe de múltiplas fontes musicais, pero para recollelas é preciso percorrer os lugares que lles serven de inspiración. Se hai dúas semanas deixabamos a Narf en La Habana, estes días temos que atopalo en Recife, Brasil. Alí ofrecerá un concerto con trío, o mesmo co que presentou o disco, o pasado tres de nadal, no CGAC.
Cando regrese do Brasil, de camiño a casa, fará unha parada o día 22 de marzo na cidade portuguesa de Tondela, no distrito de Viseu, onde participará na tradicional Queima do Judas. Unha festa pagana que constitúe unha inegável sátira á abstinencia cuaresmal e que, na morte do apóstolo Iscariote, atopa a venganza: Judas expía o vello e o gastado no lume, a ferro, a golpe de croio e mesmo soterrado.

|
|
|
Novos aires para a música galega: o pranto de Rosalía de Castro en chave de jazz, Rosalía 21
11/03/08
Novos aires para a música galega grazas á revisión da poesía de Rosalía de Castro en chave de jazz. Un proxecto que nace no maxín de Abe Rábade (piano e composición), e no que tamén participan o poeta Anxo Angueira (voz recitada), Guadi Galego (voz), Jesús Santandreu (saxo tenor), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería): Falcatruada ten o pracer de presentar Rosalía 21, un regalo para os oídos que estará nas tendas o vindeiro 11 de marzo.
Pero a estrea do espectáculo multimedia ao que lle dá nome o disco foi o sábado 18 no Teatro Mella de La Habana, unha cita á que acudíu case un milleiro de persoas, e que contou coa presenza dun padriño de excepción: o cantautor cubano Pablo Milanés. Se queres saber máis, visita a súa ficha .

|
|
 |
X. M. Budiño e Xoel López, xuntos de novo
04/03/08
Xosé Manuel Budiño está de permanente actualidade dende que lanzase, no pasado mes de novembro, o seu disco Home (falcatruada 07). Desta vez, o seu nome vai ligado ao de Xoel López, quen lle presta a voz no single Ollos de Sal, xa que o coruñés vai editar un novo disco-dvd con diversas actuacións en directo entre as que se inclúe unha co gaiteiro de Moaña. A boa química entre os dous músicos xa se puido disfrutar na sala Riviera de Madrid, e de novo ao vivo sobre as táboas do Teatro Colón d’A Coruña. Boa proba do ben que se entenden estes dous músicos é este adianto do que será o novo disco de Deluxe.
Xosé Manuel Budiño segue, por outra banda, a presentar o disco Home: onte en directo en Un Mundo Feliz, de Radio Nacional, e hoxe en Canal Sur, Aragón Radio, Radio Obradoiro, Punto Radio… Máis info, na súa web.

|
|
|
Falcatruada viaxa a Pekín para ofrecer o seu catálogo musical ante a industria chinesa
26/02/08
Durante tres días, do 25 ao 27 de febreiro, Falcatruada participa en Pekín no Foro Hispano-Chinés da Música xunto a outras 11 discográficas independientes entre as que se atopa a galega Ouvirmos. Alí terá a oportunidade de reunirse cos representantes da industria musical chinesa, unha das que máis está medrando no mundo, e perante os que poderá ofrecer o seu catálogo musical completo. I é que o mundo da música folc esperta especial interese dentro do mercado chinés, especialmente a figura do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, ben coñecido polo público oriental.
|
|
|
HOME, xa dispoñíbel na túa tenda de discos
27/11/07
Home (falcatruada 07) é o novo álbum de Xosé Manuel Budiño. Trátase do seu traballo máis ecléctico, e nel poderemos atopar unha proposta de World Music con base na tradición galega. En Home, Xosé Manuel Budiño está acompañado por Xoel López, Deluxe, quen lle presta a voz en Ollos de Sal, Mercedes Peón, Kepa Junkera, Jackie Molard...
As vindeiras aparicións de Xosé Manuel Budiño ao vivo serán na Gala de Entrega dos Premios da Solidariedade en Pontevedra (emitido en directo pola TVG o 5 de Nadal), e en La Habana (Cuba), co gallo do centenario do himno galego, o vindeiro 8 de Nadal. Se queres saber máis sobre o artista, preme no botón.

|
|
|
120 CAPADORES, a homenaxe de vinte bandas galegas a Os Diplomáticos de Monte Alto
04/12/07
120 capadores (komunikando.net-falcatruada 07), a homenaxe de 20 bandas galegas a Os Diplomáticos de Monte alto, xa está á venda en www.trastenda.com, e a vindeira semana en todas as tendas de discos. Este tributo nace por iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu, e recolle 20 petiscos da mellor música galega: dende os Rastreros de Chantada até Ruxe-Ruxe, d’A Matraca Perversa a Pulpiño Viascón, Galegoz, Dixebra…
Falcatruada quere apoiar unha vez máis, como xa o fixera coa Gallaecian Metal Compilation e o Manifesto Dobarrista (falcatruada 07), as iniciativas de base musical, o que demostra a puxanza e as ganas de crear das bandas galegas.

|
|
|
Engado: a música de Xosé Lois Romero para
o novo espectáculo de Nova Galega de Danza
16/05/07
Engado é a música do novo espectáculo de Nova Galega de Danza (NGD): unha escolla de nove temas elaborada por Xosé Lois Romero a partires do seu repertorio propio e do de Pedro Lamas que foi gravada ao vivo nos estudos Mans de A Coruña no pasado mes de abril. A música da NGD está precedida de éxito, xa que o seu anterior traballo, Alento, foi recoñecido mellor disco do ano nos Premios Opinión de Música Folk.

|
|
 |
Silvia Penide pecha a xira galega en A Coruña
28/02/08
Os acordes de Desafinante Crónica (facatruada 07) sonarán en Galicia no edificio da Fundación Caixa Galicia no Cantón grande de A Coruña. Será este xoves 28 ás 21.00 horas, unha cita que está espertando moita curiosidade entre o público xa que, a finais da pasada semana, xa estaban un terzo das localidades vendidas. As entradas poden mercarse por adiantado na páxina web de Caixa Galicia ou a través do teléfono 902.434.443 a un prezo de 5 euros.
A do xoves será a última oportunidade, polo momento, de ver a cantante de Meicende tocando coa banda -unha formación que a acompañou nos concertos de Lugo, Ferrol e Pontevedra-. I é que, o venres 29, Silvia Penide trasladarase até Madrid para tocar ao vivo no Rincón del Arte Nuevo dentro do certame “Ellas Crean”, con motivo do Día Internacional da Muller, e no que compartirá cartaz, entre outras, con Lara Bello, La China ou Pucci. Máis info e datas, na súa web .

|
|
|
Manifesto Dobarrista: o tributo de 30 grupos de pop galegos ao pai do mito, Andrés do Barro
01/06/07
Convertido no icono da música pop galega, Andrés Do Barro recebe agora o tributo dos herdeiros naturais, e por dereito propio, do seu legado musical. Trinta grupos do panorama pop galego de máis rabiosa actualidade coma The Homens, 6pm, Niño y Pistola, Narf, Ectoplasma, Elodio y los Seres Queridos, Projecto Mourente...
Todas as cancións, vídeos, fotografías, eventos… do fenómeno dobarrista terán o seu particular punto de encontro na rede: será a web DOBARRISMO.COM, un espazo que pretende ser un lugar onde compartir a música, as vivencias e a admiración polo grande icono do pop galego que foi Andrés do Barro.

|
|
|
Catro novas datas para o 'Paraíso Tour'
26/02/08
Despois de meter un cento de persoas no Pub Ardora de Porto do Son, o trío Loretta Martin prosegue a súa xira de inverno e, desta vez, anotándose catro novas datas para a xira ‘Paraíso Tour’. Trátase de catro concertos na sala The Star de Carral, nos festivais de Vilanova de Arousa e de Padrón, e no Forum Celticum de A Coruña. Consulta todas as súas datas na web.

|
|
|
Ollos de Sal, nominada como 'mellor canción en galego' nos XII Premios de la Música
20/02/08
O gaiteiro Xosé Manuel Budiño segue a colleitar éxitos con Home (falcatruada 07) e, despois de recibir o VII Premio Opinión ao mellor disco de folc, o single de presentación do seu último traballo está nominado a mellor canción en galego nos XII Premios de la Música. O de Moaña competirá con Ollos de Sal, na que comparte protagonismo con Xoel López, contra Mercedes Peón (Aiché) e Luar na Lubre (Canto de Andar). O resultado coñecerase na Gala dos Premios de la Música, o 3 de abril en Valladolid. Máis info sobre as nominacións...

|
|
|
Loretta Martin, no Pub Ardora -Porto do Son-
23/02/08
Lugo, Cariño, Ponteareas, Vigo, O Porriño, Ponte Caldelas… e agora, Porto do Son: o Paraíso Tour dos Loretta Martin chega esta fin de semana ao Pub Ardora (sábado 23), unha cita na que desenvolverán o seu repertorio de funk e rock and roll co que están a presentar os temas do seu vindeiro disco, segundo tras Paraíso Distante (falcatruada 07).
A vindeira cita do trío couñés será, coma quen di, na súa segunda casa… Onde pararán?

|
|
|
Xosé Manuel Budiño presenta ao vivo o mellor disco de folc de 2007 en Vigo e Ferrol
13/02/08
O seu cuarto álbum, Home (falcatruada 07), vén de ser nomeado mellor disco galego de folc polos VII Premios Opinión. E o artista de Moaña quere refrendar este galardón cun concerto cheo de sorpresas no Centro Cultural de Caixanova de Vigo (sábado 16, 21.30 horas), unha cita con aforo limitado na que a venda de localidades marcha a un ritmo espectacular dende o venres pasado. Ao día seguinte estará no teatro Jofre de Ferrol, domingo 17, 20.30 horas.
* Mellor canción galega: Ollos de Sal, o tema que Xosé Manuel Budiño toca con Xoel López (Deluxe), foi nominado como mellor canción en lingua galega polo xurado dos Premios de la Música. O gaiteiro competirá con Mercedes Peón (Aiché) e Luar na Lubre (Canto de Andar), e o resultado coñecerase na Gala da 12ª edición dos Premios de la Música, o 3 de abril en Valladolid.

|
|
|
TRES, o directo de The Homens en Ourense
13/02/08
Considerados por moitos coma un dos mellores directos da música galega na actualidade, The Homens queren defender esa honra no berce do rock and roll de Galicia. Martin, Xocas e Roi desprázanse esta fin de semana até Ourense, onde tocarán o sábado a partires das 21.00 horas no Café Cultural Auriense (praza do Correxidor).

|
|
 |
Falcatruada está presente en Midem, unha das maiores feiras mundiais da industria musical
22/01/08
É unha das citas máis importantes do calendario da música profisional. Trátase do Midem, que se celebra na localidade francesa de Cannes até o xoves, unha feira que reúne a todos os sectores implicados no proceso musical e na que se dan cita as últimas novidades do mercado discográfico.
Falcatruada estivo alí aproveitando o tirón da súa aposta polos contidos dixitais, para seguir dando pasos na internacionalización da música galega e logrando cada vez máis presenza nas plataformas musicais de todo o mundo. “Ademais de coñecer de primeira man as novidades tecnolóxicas que marcarán tendenza nun futuro inmediato, tamén se aproveitou para ter encontros con axentes internacionais e coñecer máis o mercado chinés, invitado de honra nesta edición de Midem”, apunta Sergio Lago.

|
|
|
Fin de xira cun concerto "cheo de sorpresas agradables" e, por primeira vez, en A Coruña
02/02/08
Despois de pasear as notas de Melalcoholic (falcatruada 06) por toda Galicia, Sevigny despídese da nosa terra cun concerto na casa –por vez primeira na xira- e “cheo de sorpresas agradables”, en palabras de Lucía Rolle. Será no Playa Club de A Coruña o sábado día 2 a partires das 0.00 horas.
Pero desta vez a voz de Sevigny non estará sola: o escenario estará totalmente acondicionado para a cita, e a primeira invitada será Yolanda Castaño, quen encherá o Playa de música e poesía. Ademais, Sevigny experimentará unha nova instrumentación na procura das cores máis puras do Melalcoholic. As entradas, 6 € adiantado e 8 € na taquilla.

|
|
 |
The Homens, TRES por partida dobre
22/01/08
Acaban de demostrar no país veciño que atesouran moita atitude nos seus concertos e, por se alguén quedou con ganas de vivilo en primeira persoa, The Homens voltan á nosa terra… e por partida dobre:
Venres 1/02 · Sala Baranda (O Barco) · 0.00 horas
Sábado 2/02 · CS A Gentalha do Pichel, Compostela
As datas da xira de The Homens, na súa web oficial.

|
|
|
A música de Narf, dende o teu móbil
22/01/08
O compostelán Narf e o seu Tótem (falcatruada 07) cólanse nas novas tecnoloxías da man do andar wap de R: alí poderás atopar tres temas do seu último disco, 6 fotos e o vídeoclip de Santiago. Deste xeito, Narf convérsese no primeiro artista destacado da operadora galega, que en 2008 desembarca na telefonía móbil.
A inclusión de contidos musicais en plataformas dixitais é unha corrente á que se está adaptando a música galega. De feito, a música do catálogo completo de Falcatruada está dispoñíbel nas principias operadoras de móbil.

|
|
|
Xosé Manuel Budiño presenta HOME no Fnac da Praza de Lugo, en A Coruña, o sábado 26
22/01/08
Despois do seu exitoso debut no Celtic Connections de Glasgow, Xosé Manuel Budiño presenta en Galicia Home (Falcatruada 07), o seu cuarto álbum. A cita será na Fnac da Praza de Lugo, en A Coruña, dende as 19.30 horas. Alí, o gaiteiro de Moaña ofrecerá un showcase apresentando algunhas cancións.
As seguintes ocasións para velo ao vivo no país serán: Vigo (16 de febreiro), Ferrol (17 de febreiro) e Pontevedra (29 de marzo). Máis info, na súa web.

|
|
 |
O sábado 26... a furgoneta de Loretta Martin para polo Salón Parroquial, en Ponteareas
22/01/08
A xira Paraíso Tour dos Loretta Martin chega a Ponteareas (PO) despois do seu exitoso paso polo Clavicembalo, en Lugo, e na sala Ogmios de Cariño. O concerto será no Salón Parroquial ás 22.00 h.
E para a semana que vén, actuación dos Loretta Martin nunha das salas máis recoñecidas de Galicia. Se queres coñecer todas as datas (lembra que tocan todas as semanas de aquí a maio) , consulta a súa páxina web.

|
|
|
Zaragoza, Vilafranca do Penedés e Barcelona serán os próximos destinos de Silvia Penide
15/01/08
A Silvia Penide non hai quen a pare na súa teima de contar historias… e con Desafinante Crónica (falcatruada 07) non para de visitar cidades presentando o seu novo repertorio de cancións.
Estas son as datas de Silvia para esta semana: o xoves 17 estará na tenda Fnac Plaza de España de Zaragoza; o venres 18, ao vivo nas festas de Vilafranca del Penedés; e o sábado 19, no Fnac L’Illa de Barcelona. Se queres coñecer todas as datas da súa xira, non deixes de visitar a súa páxina web.

|
|
|
A homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto preséntase cunha grande festa na Coruña
15/01/08
Os nostálxicos do bravú e os amantes da boa música galega teñen este sábado 19 unha cita no campus de Elviña da Universidade d'A Coruña dende as 20:30 horas: a posta en escena dunha homenaxe, a das bandas galegas aos Diplomáticos de Monte Alto plasmada no disco 120 Capadores (falcatruada 07) preséntase ao público nun concerto con pretensións de grande foliada.
A 'gala' contará con la actriz Isabel Risco como mestra de cerimonias e coas actuacións en directo de Leo i Arremecaghoná, Ruxe Ruxe, Lamatumbá e Ultracáns. Cando remate a música ao vivo, Iván Dz encargarase de que ninguén pare de bailar. O cartaz, porén, presenta moitas máis sorpresas.

|
|
|
Silvia Penide inicia en Murcia unha xira de máis de 30 concertos con Desafinante Crónica
09/01/08
Silvia Penide inicia este xoves en Murcia (sala Underground, 23:00 horas) unha xira de máis de 30 concertos na que levará por toda a xeografía ibérica os temas de Desafinante Crónica (falcatruada 07), o seu terceiro álbum. O venres visitará Alacant (Groupius café, 23:45 h), e o sábado será a quenda de Valencia (Fnac San Agustín, 19:00 h).
Silvia afronta con moita ilusión esta xira na que hai citas tan especiais coma a do concerto para os nenos do colexio onde estudiou de pequena. En febreiro voltará a Galicia e, dende marzo, paseará de novo a península, desde Bilbo a Granada pasando por Porto ou Barcelona. Máis info, na súa web.

|
|
|
Sen tregua musical durante o mes de xaneiro
21/12/07
O desexo de Falcatruada para 2008 foi un ano repleto de música, e como aperitivo ten o pracer de presentar a axenda de concertos do vindeiro mes de xaneiro: non hai tregua.
Ademais de Loretta Martin e do seu "Paraíso Tour", The Homens tamén van sair á rúa empezando polo concerto que darán en A Coruña o 4 de xaneiro. De alí ao resto de Galicia, Portugal... Silvia Penide tampouco baixa da furgoneta, e os vindeiros días andará por Murcia, Valencia... E o máis internacional dos nosos artistas, Xosé Manuel Budiño, irase até Glasgow o 19 de xaneiro, onde iniciará a súa xira mundial no Celtic Connections.
Entra no Clube Dixital para escoitar un adianto.

|
|
|
Sevigny en Ourense: pub Auriense, 14.12.07
11/12/07
Na súa xira de despedida por Galicia, Sevigny recala esta fin de semana en Ourense. Concretamente, no pub Auriense, o venres 14 ás 22.00 horas. Lucía Rolle, voz e guitarra, estará acompañada de Rubén Appratto (baixo), e Xulio Vázquez (batería e percusións).

|
|
|
The Homens presentan... TRES en Ferrol
11/12/07
Logo do concerto de presentación de TRES (falcatruada 07) na sala Nasa de Santiago de Compostela, The Homens segue a trasmitir ao vivo as boas sensacións que emanan do seu último traballo discográfico. Xa estiveron en Barcelona, Vigo, Carballo... agora é quenda de Ferrol. Será o sábado ás 22.00 horas na sala Run-Rum.

|
|
|
Sevigny, ao vivo durante o mes de novembro
30/10/07
Lucía Rolle segue de ruta por Galicia coas cancións do seu Melalcoholic e presentando algunhas das novidades nas que está a traballar de cara ao seu próximo traballo discográfico. Sevigny está nesta ocasión conformado pola propia Lucía e a súa banda (Rubén Appratto, baixo, e Xulio Vázquez, batería e percusión) coa que despregará unhas melodías máis jazzeras sen esquecer os flirteos electrónicos.
As vindeiras datas son: pub a reserva (9/11_carballo), Salón Parroquial (16/11_ponteareas), la fábrica de chocolate (30/11_vigo, con 6PM).

|
|
|
Preséntase no Castanhazo Rock o tributo dos grupos galegos aos Diplomáticos de Monte Alto
30/10/07
120 CAPADORES. Así se chama a homenaxe ao grupo senlleiro do bravú galego, os Diplomáticos de Monte Alto, un tributo que lle renden unha vintena de grupos galegos entre os que se atopan Rastreros, Pulpiño, Viascón, Ruxe Ruxe, A Matraka Perversa, Galegoz, O Sonoro Maxín, Os 3 Trebóns, Lamatumbá...
A iniciativa do disco é de Komunikando.net e do colectivo social Atreu; Falcatruada colabora no eido da edición e da promoción. 120 CAPADORES sairá oficialmente o 27 de novembro, pero presentarase este sábado dentro das actividades do Castanhazo Rock.

|
|
|
Silvia Penide segue a presentar Desafinante Crónica, ao vivo e nos medios de comunicación
30/10/07
A repercusión do Desafinante Crónica, o terceiro álbum de Silvia Penide, vai a máis. Se os vindeiros días estará tocando ao vivo en Madrid (Rincón del Arte Nuevo, ás 21.30 horas os días 9, 15 e 16 de novembro), Valladolid (Café Teatro, o mércores 14 ás 22.00 horas) e Avilés (Fundación Música Moderna, o venres 23 de novembro), as súas aparicións en medios de comunicación cóntanse a moreas.
O martes 6 poderémola escoitar até en 9 emisoras diferentes (Radio Obradoiro, Punto Radio, Canal Sur...) a partir das 18.30 horas, o 8 de novembro estará en 3Fusión, de Radio3, Canal 24H, Tele Madrid, Paramount Comedy... Segue a actualidade de Silvia Penide na súa web.

|
|
|
Loretta Martin, no concerto de homenaxe aos voluntarios do Prestige no Multiusos do Sar
13/11/07
No quinto aniversario do afundimento do Prestige, Galiza quere homenaxear a cantos voluntarios se achegaron até aquí para limpar o chapapote das nosas costas. O prato forte será o concerto de música no Multiusos do Sar, o venres 16 de novembro dende as 21.00 horas e completamente de balde.
A cita conta cun espectacular cartaz encabezado polos coruñeses Loretta Martin e a súa particular mestura de funk e de rock. Brais, Iago e Fran, os integrantes de Loretta Martin, estarán acompañados polas bandas xamaicanas Dub Incorporation e máis por Horance Andy e a Dub Asante Band.

|
|
|
Xa está na rúa TRES, o novo de The Homens
15/10/07
Comezouse a xestar no mes de xullo nos estudos Ultramarinos Costa Brava de Santi García, tomou forma no verán e, dende hoxe, xa está nas tendas de todo o país. Trátase de TRES, a nova entrega dos composteláns The Homens, un disco cargado de letras ácedas, retrousos pegadizos e moita diversión que Falcatruada edita en formato especial: vinilo de 12”, un disco cos temas en mp3 e un póster no interior, aínda que tamén o poderás atopar en formato económico en digipack
TRES, once temas ideados por Martin Wu (guitarra e voz), Roi (baixo) e Xocas (batería)… auténtico pop enerxético, guitarras ruxidoras e retrousos cantables que xa podes atopar na túa tenda de discos.

|
|
|
TRES, a nova entrega dos composteláns The Homens, axiña verá a luz en formato vinilo
07/09/07
O trío compostelán de power pop The Homens marchou no mes de xullo aos estudos ‘Ultramarinos Costa Brava’ de Santi García (guitarra e voz de No More Lies), un lugar por onde pasaron os Tokio Sex Destruction, Charades ou Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá...
O resultado é TRES, un álbum que Falcatruada editará nun formato especial: vinilo, CD e os temas en mp3, aínda que tamén estará á venda o tradicional formato CD. A data de saída para este proxecto é o vindeiro 15 de outubro. Se queres escoitar un aperitivo en forma de calamar, dálle ao botón.
.

|
|
|
Desafinante Crónica cólase no top 20 de descargas en iTunes na súa primeira semana
25/09/07
O novo álbum de Silvia Penide acadou, na súa primeira semana de lanzamento, o númeor 20 nas listas de álbumes máis vendidos en iTunes, a tenda de música dixital por excelenza na rede. Ademais, conseguíu colarse no número 6 na lista de álbumes máis vendidos na categoría de música latina.
Estas listas actualízanse diariamente, e a mellor posición para Desafinante Crónica chegou o pasado mércores, apenas dous días despois de poñerse á venda o álbum dixital.

|
|
|
Novo disco, videoclip e lanzamento da terceira entrega de Silvia Penide: Desafinante Crónica
07/09/07
O myspace está sendo a plataforma onde centos de fans da cantante coruñesa Silvia Penide están a descubrir as novas cancións de Desafinante Crónica, o álbum que sairá o vindeiro 2 de outubro. I é que o seu single, Reventaba, xa supera as oitocentas escoitas case un mes antes da súa presentación oficial.
Para os que aínda non escoitaron o novo de Silvia Penide, axiña o farán nas mellores emisoras de radiofórmula do país (Los 40 Principales, Cadena 100...) e nas principais canles musicais (40TV, Sol Música...), xa que alí se poderá ver o videoclip de Reventaba. Ata daquela, preme no botón se queres saber máis sobre Desafinante Crónica.
.

|
|
|
Lamatumbá e Loretta Martin, en concerto
29/08/07
Nin unha semana sen música ao vivo... I é que a xira de Lamatumbá (esq.) non para nin coas treboadas que están caendo estes días sobre Galicia. As súas próximas citas son:
- mércores 29 de agosto, Rianxo.
- domingo 2 de setembr, Fene.
O vindeiro bolo dos ourensáns será...en Berlín!
Por outro lado, esta semana tamén haberá oportunidade de ver a Loretta Martin (dta.) sobre os escenarios:
- venres 31 de agosto, en Porto do Son.
- venres 7 de setembro, en Ponteceso.
Más info nas web de Lamatumbá e de Loretta Martin.
|
| |