|
Tradicción, de Pedro Lamas, a derradeira entrega musical da Nova Galega de Danza
15/06/09
Xa está á venda en tendas de todo o país Tradicción, última entrega das músicas da Nova Galega de Danza. Trátase da banda sonora creada por Pedro Lamas para os bailaríns da compañía e, igualmente, constitúe o derradeiro capítulo dunha triloxía da que xa forman parte Alento (2003) e Engado (2007).
Xunto a Pedro Lamas, outros dos nomes vencellados ao proxecto –na gravación coma na interpretación ao vivo- son os de Jacobo de Miguel, Xabier Díaz, Suso Iglesias, Toño Domínguez, Ricardo Rozas, Juan Collazo ou Miguel Queixas. A música da montaxe de Tradicción, que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica – Galicia, presentouse o martes 16 de xuño en La Postrería de A Coruña.

|
|
|
Brasil Muito Além, unha recompilación das 16 bandas máis potentes do panorama brasileiro
02/06/09
Chega ás tendas de todo o país Brasil Muito Além, unha recompilación elaborada polo Macô Dj que nos ofrece unha fiestra ás 16 bandas máis puxantese do Brasil. Além da samba e da bossa... o disco reúne unha potente combinación de grupos e de estilos, dende o rap, ao reggae, o jazz, a samba, o soul, o funk e o rock a partes iguais e mesturados con grande ritmo.
Imposíbel non se mover coas propostas coma as de Sapotone and The Love Rockers, Instituto, Academía da Berlinda, Junio Barreto, Mundo Livre S.A. ou BNegão & Os Selectores De Freqüência. Grupos, por certo, aos que xa puidemos ver ao vivo pola Galiza da man do propio Macô Dj. 16 bandas, en resumo, para abrir e ampliar as nosas fronteiras mentais e musicais. Preme no botón para saber máis da súa música.

|
|
|
Sevigny coloca When the Stars Go Blue en Privileged, serie dos creadores de Gossip Girl
03/03/09
Que un grupo galego sone nos Estados Unidos é un éxito dificilmente de prever. Pero se, ademais, a súa música entra a formar parte da banda sonora dunha serie de ficción para televisión, o fito convértese en único. Pero Sevigny, co seu When the Stars Go Blue, fíxoo. Nada máis e nada menos que na serie Privileged, dos mesmos creadores que Gossip Girl, entre outras, e grazas á repercusión que está colleitando en países anglófonos onde chega, en soporte dixital, o seu primeiro álbum, Melalcoholic.
Premendo no seguinte botón podes ver a selección das músicas escollidas para a serie, xunto á de Sevigny.

|
|
|
Unha volta de torca ao tradicional: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz son Lizgairo
03/06/08
Xa está nas tendas a nova a ventura musical de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz. Ou o que é o mesmo, dos fundadores de Milladoiro, Berrogüetto, Entre Trastes… En palabras do xornalista Óscar Losada, “con eses vimbios, o cesto debe de ser de calidade”… Diacronías (falcatruada 08) é unha concepción orixinal e criativa que nace de conxugar as melodías da tradición oral con tres instrumentos como son a arpa, a zanfona e o bozouqui.
Un repertorio, acústico e instrumental, de once cancións baseadas en temas tradicionais con algunha achega propia que xorde de xeito espontáneo froito do talento dos seus integrantes. En definitiva, Lizgairo é unha volta de torca á música popular dende unha prespectiva acústica que emprega recursos harmónicos e melódicos nunca escoitados até o de agora. Se queres escoitar como sona Diacronías, pásate polo Clube Dixital.

|
|
|
Vellas Artes: popular pero sofisticado, un disco de novofolk con altas doses de retranca
11/11/08
Os seus nomes son sinónimo de música tradicional galega, de sobriedade compositiva e de exquisito gusto polos arranxos. Pero con Vellas Artes, que se pon á venda hoxe en toda Galicia, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero quixeron dar un paso adiante cunha proposta atrevida pero, sobre todo, moi divertida.
É Vellas Artes un disco cun tratamento sofisticado e innovador propio do "novofolk" galego, ao que mesmo se lle podería colgar a etiqueta de minimalista, pero que agocha unha refrescante posta en escena que combina música e oralidade a partes iguais… e cunhas doses enormes desa retranca tan nosa. Como mostra, unha pista audiovisual dun concerto que o trío ofreceu no Parlamento de Galicia xunto a outros músicos invitados, incluído xunto aos once temas que conforman o disco.
Vellas Artes é boa música e mellor humor. Un traballo que chega nestes tempos de crise coma un bálsamo terapéutico e liberador .

|
|
|
Fernando Abreu e Pablo Carrera, 2uS, lanzan oficialmente o seu álbum debut: Só Son Sons
27/05/08
Xa está á venda o novo álbum de 2uS. Ou o que é o mesmo, de Fernando Abreu (clarinete, membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Batuko Tabanca…), e de Pablo Carrera (guitarra eléctrica en Dr. Harapos). Chámase Só Son Sons (falcatruada 08), o que se antolla coma toda unha declaración de intencións: Música instrumental con amplas influenzas do jazz, funk, da música contemporánea, do world music... unha fórmula musical moi achegada ao conceito actual de jazz europeo.
A presentación en sociedade de 2uS tivo lugar a pasada fin de semana con senllos concertos no Teatro Ensalle de Vigo, citas nas que colaboraron algúns dos amigos que participaron na gravación do disco: Pablo Novoa, Paco Dicenta, Leandro Deltell, Xesús Valle, Nacho Muñoz… Máis info, na súa ficha.

|
|
|
Xosé Manuel Budiño recibe o VII Premio Opinión de Música Folk polo seu disco HOME
09/10/08
Xa van pola súa sétima edición, todo un clásico no outono da música galega: son os Premios Opinión de Música Folk. I e ste ano, o elixido como mellor disco de folk do ano é Home (falcatruada 07), de Xosé Manuel Budiño, que sucede ao álbum Nordestin@s (falcatruada 06) e converte ao gaiteiro pontevedrés no único artista que repite galardón (en 2004 xa o fixera con Zume de Terra).
Como xa vén sendo habitual, o premiado actuou ao vivo na gala de entrega, no Teatro Rosalía d’A Coruña Amais do gaiteiro de Moaña, tamén actuaron Entre Trastes, Lulavai e Xesús Vaamonde.
Podes ver os vídeos da gala de entrega premendo no botón.

|
|
 |
Toda a música galega... e moito máis
En trastenda.com atoparás un completo catálogo de discos cos nomes dos artistas galegos de todos os tempos e todos os estilos... Pero tamén descubrirás outras sorpresas coma DVDs, camisolas, chapas e unha ampla variedade de artigos de deseño.
Entra na web e bótalle unha ollada á nosa oferta. Entre as novidades, o dobre CD de Gallaecian Metal ou o primeiro album dos coruñeses Loretta Martin.

|
|
|
 |
|
Axudámoste co teu proxecto musical
29/04/09
AUTOEDITA, a liña de servizos de Falcatruada para grupos e empresas, colabora no voso proxecto cubrindo todos os aspectos dunha edición discográfica de xeito profesional achegando a nosa experienza de traballo: xa levamos máis de 600 referenzas publicadas.
Os servizos que ofertamos son:
>
Duplicación de CD, DVD, Blu-ray... tanto de música como de calquera outro contido (datos, audiovisuais, etc).
> Deseño Gráfico.
> Fotografías promocionais.
> Asesoramento en calquera aspecto legal ou de propiedade intelectual, e na xestión de dereitos.
> Xestión gratuíta da distribución da vosa música, tanto dos discos físicos en tendas convencionais, como da alta en todas as plataformas de música dixital do mundo.
Coñece todos os detalles en autoedita.com
_
|
|
|
Falcatruada múdase de local
18/04/09
As oficinas de Falcatruada trasládanse ao centro d'A Coruña. A partires de agora, xa non nos atoparás na Sagrada Familia e si no seguinte enderezo: Zalaeta, 20 entrechán, xunto ao Museo de Belas Artes.
Agardámoste aí para o que precises.
_ |
|
|
Quedamos Nesa Praza: preséntase n'A Coruña o primeiro vídeoclip do quinteto Som do Galpóm
02/06/09
Desque os Som do Galpóm gañaran, en setembro do ano pasado, o certame Nsaio, o percorrido realizado foi longo: a edición do seu primeiro álbum, Em Terra de Ninguém, unha xira de concertos que os está levando por todo o estado e, finalmente, a gravación do vídeoclip Quedamos Nesa Praza, a cargo da produtora Verve Audiovisual.
Para a realización deste traballo empregouse unha técnica a partires de fotos estáticas, semellante ao que se fai coa animación en plastilina, a stop motion. O vídeoclip, que logo poderás ver en streaming, presentarase este xoves 4 de xuño no Fórum da Fnac ás 19.30 horas coa presenza dos membros do grupo, que ofrecerán un pequeno concerto ao vivo.

|
|
|
Xa está aquí 'Em Terra de Ninguém', o disco debut de Som do Galpóm: reggae, funk, rap...
16/03/09
Por fin está nas tendas 'Em Terra de Ninguém', o agardado debut discográfico de Som do Galpóm, os gañadores da última edición de Nsaio no Camiño. Trátase dunha recompilación de trece temas montados sobre as bases do funk, do reggae e do rap, trece cancións que falan da amizade, da naturalidade e, sobre todo, da perda de atributos humanos, sociais e naturais básicos na sociedade de hoxendía.
Gravado nos estudos Casa de Tolos, de Segundo Grandío, durante o mes de xaneiro, e cun elaborado deseño gráfico que reivindica a volta ao orgánico, nesta era das máquinas, Som do Galpóm presentan a súa alternativa ao furturo da música galega.
Dende o martes 17 de marzo na s tendas de discos.

|
|
|
HOME, á venda nas tendas da Gran Bretaña
27/01/09
Home (falcatruada), o mellor disco galego do 2007 segundo os Premios Opinión de Música Folk, xa está á venda na Gran Bretaña desde o 26 de xaneiro. A distribución física permitirá colocar un disco que xa aterro una illa con boas referenzas. As do crítico musical Jan Farley, da revista SONGLINES magazine, quen destacou non só a xenialidade de Xosé Manuel Budiño na composición, senón tamén a talla de colaboradores coma Kepa Junkera, Jorge Pardo, Mercedes Peón ou Xoel López.

|
|
|
O Calamar de The Homens, entre os máis vistos na canle de música de ADNstream
18/12/08
Calamar, o vídeoclip de animación dos The Homens realizado por Roi Fernández, é o cuarto recurso máis pinchado na categoría de música da canle de televisión por Internet ADNstream. O vídeo, que forma parte dos contidos que Falcatruada está colgando en formato stream –visualización on line-, xa acadara o primeiro posto da categoría musical do Festival de Cans.

|
|
|
Diacronías, mellor disco galego de folk 2008
30/01/09
A oitava edición dos Premios Opinión de Música Folk vén de recoñecer Diacronías (falcatruada) coma o mellor disco do 2008. O xurado, composto por xornalistas coma Fernando Neira (El País), José Miguel López (Radio3), Nonito Pereira (El Ideal Gallego), Salva Rodríguez (Faro de Vigo) ou Emilio Españadero (Radio Galega) entre outros, premia así o disco debut do trío Lizgairo, cuxos integrantes -Anxo Pintos, Xosé Liz e Rodrigo Romaní- xa recolleran cadanseu premio en proxectos anteriores.
En Falcatruada felicitámonos porque o de Lizgairo é o terceiro disco editado na casa que acada este galardón de xeito consecutivo despois dos de Nordestin@s e Home, de Xosé Manuel Budiño. Parabéns igualmente a todos os grupos participantes, especialmente a Uxía, co seu Eterno Navegar, e a Milladoiro por A Quinta das Lágrimas (finalistas), pero tamén aos Premios Opinión de Música Folk –xa van oito-, un crebacabezas para o xurado do certame.

|
|
|
Xa á venda 'Your Voice is my Intoxication': o disco debut dos gañadores do 100Pipers Music
04/11/08
O 12 de xuño de 2008 marca un fito na biografía dos lugueses Few Days Later, unha banda que xorde catro anos atrás coma un pasatempo entre dous amigos, Simón e Álvaro. Ese día, na sala Capitol de Santiago de Compostela, acadan o primeiro posto no Concurso de Maquetas 100Pipers Music, un premio que lles dá dereito a gravar i editar un disco.
Este 4 de novembro, a banda de Lugo saca á venda Your Voice is my Intoxication, o seu disco debut: catorce temas que supoñen a súa carta de presentación no panorama independente galego. Preme no enlace para escoitar a súa música.

|
|
|
Escoita, descarga e comparte a música dos artistas de Falcatruada no Clube Dixital
09/11/07
Hai un novo espazo na rede no que poderás escoitar, descargar e mesmo compartir os discos promocionais de Falcatruada, completamente de balde e en exclusiva. Trátase do Clubedixital, unha páxina na que atoparás as últimas novidades discográficas e toda a información sobre os nosos artistas.
O clube inaugúrase cunha primicia: escoita, por primeira vez no Clubedixital, as novas cancións de Narf (na imaxe) e de Xosé Manuel Budiño, artistas que lanzarán os seus novos traballos discográficos con Falcatruada.

|
|
|
|