fotos,dossier...  activar radio 


Formado na escola de gaitas Semente Nova de Moaña a principios dos oitenta, participa na banda de gaitas Xarabal e, no 1991, funda o grupo Fol de Nui. Despois, toca con bandas como Altan (Irlanda), Capercaille (Escocia), Oskorri (Euskadi)… e con artistas coma Kepa Junkera, Uxía ou Mercedes Peón, por citar só algúns dos máis coñecidos no panorama estatal.

Músico, galego de orixe e universal polo seu fado, viaxeiro convencido, creador incansábel, innovador por convición, soñador de melodías imposíbeis dende unha vila mariñeira onde o vento se convirte en música calma… Xosé Manuel Budiño é un artista atípico: é difícil atopar alguén que esperte admiración entre os seus e mesmo no tumultuoso mundo da música celta en Galicia. Xosé Manuel Budiño inspírase nos pequenos sabores da música tradicional, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio: a música que se pode converter en tradición nun futuro, pode que non tan lonxano.



ampliar 1024 pixeles
fotos: jacobo (gayo fotógrafos)
ampliar 1024 pixeles
ampliar 1024 pixeles





Home
FAL 400 - CD digipack
world music [11/2007]


01. Pedra de Abalar
02. Ollos de Sal
03. Ortegal
04. Inmaterial
05. Ollin kan
06. Sempre Alalá
07. Vía Sacra 3
08. Shokran
09. Nacín na Espuma
10. Imos Dj



deseño: enric (
enol creativos)

 

Home é o novo álbum de Xosé Manuel Budiño, un traballo cheo de vitalidade onde as melodías nacen da experienza e da influenza das viaxes do artista na xira que o levou durante un ano enteiro por diferentes lugares do mundo: Sofía, Bos Aires, México D.F., Dublín, Milán, Líbano, Siria ou Marrocos.

Xosé Manuel Budiño asume novamente el soíño as composicións, arranxos, gravación e produción do disco. Porén, non se presenta só no eido musical: en Home conta coa especial colaboración de Jorge pardo (saxo), Paulo Borges (piano), Jacky Molard (violín), Paco Charlín (baixo), Mercedes Peón (voz), Carlos Castro (percusións), Kepa Junkera (trikitixa), Antón Reixa… ou Xoel López, de Deluxe (voz en Ollos de Sal).

Con Home nace tamén un novo espectáculo: unha nova banda onde as novas tecnologías e as videocreacións están mesturadas coas músicas de raíz, especialmente de orixe galega.

Home estará dispoñíbel a partires do 27 de novembro, coincidindo co décimo aniversario da publicación do seu primeiro traballo discográfico. Co lanzamento iníciase, ademais, unha nova xira de Xosé Manuel Budiño que o levará polos diferentes lugares da escena multicultural do mundo. A estrea será nos festivais británicos do 2008, comezando polo Celtic Connections de Glasgow: o 19 de Janeiro no mítico Fruitmarket.



xosé manuel budiño
booking [arroba] xosemanuelbudino.com

Booking U.K. :
Ian Smith (FRUSION
ian@frusion.co.uk
+44(0) 7791 699889
+44 (0) 1629 82 62 22

Booking Italy:
F R A M E E V E N T S Snc
di Gianluigi Bresciani e Paolo Sgevano
Corso Matteotti, 67 - 36071 - Arzignano (Vi)
Tel.: +39 0444 676666 Fax: +39 0444 451422
Via Provinciale, 24 - 24024 - Gandino (BG)
Tel.: +39 035 732005 Fax: +39 035 732005
P.IVA 02964240242
e-mail: info@frameevents.com