|
Silvia Penide recrea emocións
no ánimo de quen a escoita, e faino cunha
facilidade que só se pode entender tras achegarse
á súa música. Silvia é
cercanía, é inmediatez, e sobre todo
preséntanos unha proposta musical baseada
na sinceridade, onde un trociño dela vai
dentro da "caixiña de plástico"
que contén o seu novo disco: "Invisible"
(falcatruada, 05)
Con tan só 25 anos e catro
traballos previos baixo o brazo, Silvia Penide regálanos
agora o seu traballo máis maduro, no que
a etiqueta de canción de autor se queda corta
e non da contido un torrencial creativo e emocional
que se alimenta de delicadas aportacións
do pop, a electrónica e incluso aproximacións
ó folk, sen perder a súa etiqueta
máis valiosa: a sinxeleza. Aínda que
indudablemente e utilizando palabras de Nonito Pereira
son as "pasaxes literarias capaces de establecer
unha comunicación útil co auditorio"
e a súa intensidade emocional os principais
argumentos que lle dan a Silvia Penide unha posición
de saída privilexiada na súa carreira
musical.
"Invisible" está
nas tendas de toda España dende comezos de
2005, e despois de presentarse nas principais cidades
galegas, Barcelona, Madrid, Vitoria... en marzo
e xuño viaxou nunha xira internacional que
a levou a Italia, Eslovenia e Croacia.
Do seu anterior traballo "kilómetros"
(falcatruada, 03) vendéronse preto de 2000
copias en pouco máis dun ano e por dúas
vías alonxadas da industria musical convencional:
a venta en concertos e a venta a través de
Internet. Con él recorrera toda a xeografía
nacional e levouna ata lugares como Eslovenia, Croacia
e Italia, invitada primeiro por membros da Universidade
de Filoloxía Española de Ljubljana
e despois por promotores locais tralo éxito
da primeira incursión internacional. Pero
volvendo moito tempo atrás, hai que recordar
o camiño andado dende que ós catorce
anos tomara por vez primeira unha guitarra e compuxera
as cancións que deron pe á súa
primeira maqueta "alicerce" (autoeditado,
97) na Radio Municipal do seu Arteixo natal, en
A Coruña; dous anos despois repetiría
con "azul" (autoeditado, 99) e xa no novo
século "mundo de cuerdos" (autoeditado,
01) supuxo o primeiro achegamento a un estudio de
gravación.
Silvia Penide deixou a súa
impronta en medios tan importantes como o programa
de M-80 "La Gramola" onde a súa
canción "Mi cielo" foi, mentras
o programa era dirixido por Joaquín Guzmán,
unha das habituais nas peticións dos oíntes.
Tamén é a través de internet
cando se pode percibir a trascendencia da música
de Silvia na xente que conta con algún dos
seus discos, unha visita ó foro da súa
web descúbrenos unha auténtica lexión
de seguidores que convirten as cancións de
Silvia en "banda sonora da súa vida"
e que levan a implicación entre oínte
e artista a niveis difíciles de entender
para calquera alleo á súa música.
|