fotos,dossier...  activar radio 


Narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor da Galiza que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. Neste último apartado, Narf é un dos músicos máis recoñecidos de Galicia, guitarrista único e posuidor dunha delicada voz e altas doses de talento.



ampliar 1024 pixeles
fotos: xavier belho
ampliar 1024 pixeles
ampliar 1024 pixeles





Totem
FAL ... - CD digipack
canción de autor [11/2007]


1. Autobiografía
2. Santiago
3. Afroblues
4. 25 de abril
5. O que non sabe
6. O noso son
7. Galician Lullaby
8. soneto da Seta e o Neto e máis na Nata e o Soto
9. nao ten voçé
10. Mercedes
11. Nosa Señora de Belén
12. Espranza
13. Quero ser Tambor



deseño: fausto isorna

 

Dispoñible dende o 20 de novembro

Árabe, flamenco, brasileiro, africano... as orixes da música de NARF son infinitas. Tras o éxito de Só Tambor, o seu segundo disco está composto por melodías pop que lle dan forma a sons de todo o mundo. Narf estivo a presentar en Inglaterra as súas novas cancións, de aí a denominación do seu novo álbum: TOTEM (falcatruada 07).

Cando un viaxa polo mundo adiante alimentado por ningunha outra cousa que o interese pola arte, é bom deixar pegadas sobre as encrucilladas de camiños para atopar o camiño de volta a casa. Un tótem é un cruceiro sen brazos, un faro para os mariñeiros de terra. I este tótem marca máis de 20 anos de camiño, un camiño que comezou cando Narf deixou a súa casa con nada máis ca unha guitarra ao lombo.

Narf levantou este tótem cada día, con mimo e agarimo, con furia e paixón, aquí podemos atopar o canto delicado e o berro atroz, aquí están as fantasmas dos antergos, o choro dun neno, o beixo dun amante e os ollos no futuro. Aquí o amor é o que máis dá e o que máis nos doe. O que comezou coma un tótem persoal foi, finalmente, un tótem para todos nós. Porque neste TOTEM tamén se poden escoitar as voces e ver as sombras daqueles que tiñeron a sorte de camiñar un cacho canda el.



nordesía produccións
tlf (+34) 981 555 930 / fax. (+34) 981 557 276
narf [arroba] nordesia.com

nordesia