fotos,dossier...  activar radio 


Lizgairo é unha palabra galega que designa unha persoa con mente áxil i enxeñosa. Musicalmente falando, Lizgairo é unha concepción orixinal e criativa que nace de conxugar as melodías da tradición oral coas posibilidades acústicas de tres instrumentos tan pouco usuais coma a arpa, a zanfona e o bozouqui, pero co garante dun trío de persoeiros referenciais na música galega contemporánea: Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica), fundador e integrante de Milladoiro, grupo co que firmou dezaséis discos; Anxo Pintos (zanfona e violín), compoñente e fundador de Berrogüetto, sen dúbida a formación galega máis recoñecida e premiada en Europa; e Xosé Liz (bozouqui e guitarra acústica), fundador e membro de Beladona, Entretrastes…

O trío Lizgairo ofrécenos un repertorio moi delicado, acústico e instrumental de once cancións baseadas en temas tradicionais con algunha achega propia que xorde de xeito espontáneo froito da profisionalidade e do talento dos seus integrantes.

En definitiva, Diacronías é unha volta de torca á música popular dende unha prespectiva acústica que emprega recursos harmónicos e melódicos nunca escoitados até o de agora...


ampliar 1024 pixeles
fotos: cristina brea lodeiro
ampliar 1024 pixeles
ampliar 1024 pixeles





Diacronías
FAL 457- CD digipack
world music [06/2008]


1. o ñarro-ñarro
2. alalá de menduiña e muiñeira do morrazo
3.  xotas de poio e acevedo
4.  pasacorredoiras mariñán II
5.  muiñeira de piadela
6. albobarreira
7.  percorrido turniscante
8. esvarante
9.  sete xastres
10.  en las montañas de galicia
11.  foliada dos morenos


deseño: cristina brea lodeiro

 

Á venda dende o 3 de xuño

 


berrogüetto produccións
tlf/fax. (+34) 981104022
tlf. móbil (+34) 671622957
info [arroba] berroguetto.com

berroguetto produccions

TRASTENDA  iTUNES