fotos,dossier...  activar radio  


2uS lese DouS. Simple. Porque son dous músicos. Dous instrumentos reflectidos o un no outro coma nun espello. Dúas procedenzas diferentes converxendo nun mesmo punto: visións diferentes pero complementarias. Unha doble personalidade de son acústico i eléctrico, temas ceibes e outros máis melódicos e elaborados.

Porque a aventura de Fernando Abreu (clarinete, membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Batuko Tabanca…), e Pablo Carrera (guitarra eléctrica en Dr. Harapos) adiántasenos con toda unha declaración de intencións: en “Só Son Sons” non hai que tratar de buscar razóns teorícas, senón deixarse levar pola sonoridade e disfrutar a música dun xeito máis sensorial e menos intelectual. Música instrumental con amplas influenzas do jazz, do funk, da música contemporánea, do world music...

2uS achéganos unha fórmula musical moi achegada ao conceito actual de jazz europeo: hai improvisación, pero tamén elementos e influenzas do amplo espectro de estilos musicais que comparten ambos músicos.


ampliar 1024 pixeles
ampliar 1024 pixeles
ampliar 1024 pixeles





Só Son Sons
FAL 470 - CD digipack
jazz fusión [05/2008]


.


deseño:
gus abreu

 

Á venda dende o 27 de maio

 


TRASTENDA